No día de hoxe, 5 de xullo, a Federación Galega de Caza en Lugo e a Asociación Lucense de Caza fixeron entrega de máis de 600 kg de carne de xabaril a ONG Caritas de Lugo.
Os xabariles doados foron procesados cumprindo con todos os controis sanitarios na sala de despece Procifon de A Fonsagrada e dita carne foi entregada, envasada ao vacío e conxelada, para que dende Cáritas se reparta a máis de 60 familias que o necesiten.