Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CAMPIONATO ESPAÑA RASTRO XABARIL
Antonio Sánchez con “Chico” campións de España de Rastro de Xabaril
01/07/2024

A tempada 2024 de cans de rastro sobre xabaril chegou ao seu fin coa celebración en Oviedo do XXXI Campionato de España de Rastro sobre Xabaril, concretamente no alto a Degolada do Concello Las Regueras. Alí, o galego Antonio Sánchez e o seu can de nome “Chico” proclamáronse campións desta especialidade onde o can de rastro é o principal protagonista.

Nunha apretada e vistosa final, o galego alcanzaba os 247,5 puntos para impoñerse ao cántabro José Ramón Gutiérrez con “Lira” e os seus 239,5 puntos e ao asturiano Diego Molina con “Loquina” e os seus 231,5 puntos, segundo e terceiro respectivamente.

 

A proba, organizada pola Real Federación Española de Caza (RFEC), a Federación Asturiana de Caza e o Consello Superior de Deportes, contou cun total de trinta e cinco participantes das diferentes comunidades do norte peninsular, distribuídos en dous campos (par e impar), clasificándose seis participantes de cada un deles para a disputada final. Destacar tamén o acceso a final dos galegos Mikel Otero, Julio Ferradás e Salvador Sestelo.

Dende a FGC damos a noraboa a toda a selección de monteiros galegos que fixeron unha destacada representación levando a Galicia ao máis alto nas probas de cans de rastro atrelados sobre xabaril. Antonio e “Chico” obtiveron este campionato de España ao que se lle suma a Copa España acada por terras asturianas no pasado mes. Unha brilante tempada que eleva a Galicia como a primeira pontencia da especialidade. 

Dende a Federación unha mención especial a todos os xuíces das diferentes modalidades polo traballo tan esencial e en moitas ocasións pouco grato pero que sen eles a competición non tería sentido.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAMPIONATO XUNTA GALICIA ARCEAS
16/12/2024
O Autonómico de Caza de Arceas decidirase en Antas de Ulla

PROVINCIAL PONTEVEDRA ARCEA
16/12/2024
José Antonio Vasconcellos con “Azor” proclamouse campión provincial na Lama

PROVINCIAL LUGO CAZA ARCEAS
25/11/2024
Manuel Rodríguez coa setter “Huma do Yelsar” gañador en O Corgo

CAZA MENOR
04/11/2024
Alfonso García coa setter “Jara” proclamouse Campión Galego de Caza Menor en Portomarín


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza