Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CAMPIONATO GALEGO COMPAK SPORTING
Daniel Cebreiro domina e revalida o título de Campión Galego de Compak Sporting
30/06/2024

XXIV Campionato Galego de Compak Sporting

No día de hoxe, 30 de xuño, nas instalacións da Sociedade Deportiva Río Sar desputouse o Autonómico de Compak Sporting. Un campionato con ampla participación, preto de 100 tiradores, e que coroou a Daniel Cebreiro García como o tirador galego máis en forma da modalidade de compak despois de acadar, por terceiro ano consecutivo, o título de campión galego. 

Baixo a organización da Federación Galega de Caza e a colaboración da Sociedade Deportiva Río Sar desputábase, a edición XXIV, do Campionato Galego de Compak Sporting que daba comenzo ás 8:30 horas e remataba as 17:00. Unha xornada durante a cal os tiradores enfrontáronse a 150 pratos en seis canchas.

Un campionato cun deseño das canchas que fixo as ledicias dos tiradores, pratos diversos e con traxectorías variadas deu como resultado unha gran tirada na que se realizaron marcas elevadas cun número significativo de plenos realizados por varios tiradores en cada cancha. 

O coruñés Daniel Cebreiro García cun claro dominio proclamouse Campión Galego de Compak Sporting, por terceiro ano consecutivo, despois de acadar a extraordinaría marca de 147 pratos. Cebreiro ratificou o seu bo estado de tiro en compak facendo 3 plenos en 3 canchas e 24 pratos en cada unha das 3 restantes canchas.

Antonio Iglesias Otero foi o tirador que tivo certa posibilidade de pelexarlle o título a Cebreiro pero non foi así é Iglesias, con 143 pratos, obtivo o segundo posto da xeral e primeiro da categoría senior. O pontevedrés Javier Suárez Dafonte obtivo o bronce da xeral con 139 pratos.

O segundo posto da categoría Senior foi para José Luis Sánchez Mancebo con 134 pratos. Ao igual que aconteceu na pasada edición, Mario González Yáñez obtiña o terceiro posto con 130 pratos. 

Elisardo Cea Cebreiro era o campión da categoría Veteranos con 128 pratos. A prata era para Antonio Castro Ferreiro con 122 pratos e con 108 pratos o terceiro clasificado era José González Yáñez. 

Ao abano de campións deste Autonómico sumábanse os seguintes tiradores: Ángel Mosquera Rodríguez en Másters, Artemio Formoso Barro en Tiro Adaptado, Javier Suárez Dafonte en Homes B, David Martínez Pérez en Homes C e Rubén Gomez Liñares en Iniciados. 

A Selección Galega para o Nacional de Compak Sporting quedou formada por Daniel Cebreiro García, Antonio Iglesias Otero, Martín Baqueiro Villafines, Javier Suárez Dafonte, José Manuel Torres Parada, e Elisardo Cea Cebreiro.

Este Campionato Galego contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAMPIONATO ESPAÑA RASTRO XABARIL
01/07/2024
Antonio Sánchez con “Chico” campións de España de Rastro de Xabaril

PROVINCIAL CORUÑA COMPAK
24/06/2024
Torres Parada gañador do provincial coruñés de Compak

NACIONAL DE XABARIL SALVAXE
23/06/2024
Galicia domina no Nacional de Xabaril Salvaxe

PROVINCIAL OURENSE COMPAK SPORTING
17/06/2024
Francisco Javier Villanueva foi o campión provincial e Daniel Cebreiro o campión da proba


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza