Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
PROVINCIAL OURENSE COMPAK SPORTING
Francisco Javier Villanueva foi o campión provincial e Daniel Cebreiro o campión da proba
17/06/2024

VI Campionato Provincial de Ourense de Compak Sporting 

O “Campo de Tiro A Goberna” situado en Beariz acolleu no día de onte, 16 de xuño, o VI Campionato Provincial de Ourense de Compak Sporting. Unha proba provincial que contou coa organización da Federación Galega de Caza en Ourense e ca colaboración da Asociación Deportiva A Goberna Beariz e a Sociedade de Cazadores A Goberna Regueiro.

Un campionato desputado por 30 tiradores que se enfrontaron a 100 pratos divididos en 2 canchas a duas voltas e sendo xuzgados por José Ricardo Rivero e César Tosar.

O tirador coruñés Daniel Cebreiro García foi o campión da proba cun total de 94 pratos escachados. O subcampión da proba foi o xoven tirador Javier Suárez da Fonte con 93 arxilas. O terceiro posto foi para Sergio Loureiro Rodríguez con 92 pratos. O mellor tirador da clasificación xeral da provincia de Ourense e polo tanto Campión Provincial foi Francisco Javier Villanueva Dejuana que obtivo o cuarto posto con 91 pratos

En seniors o campión era Alfredo García Mendoça con 89 pratos namentras que Ángel Ramón Vidal Quintela e Isaac Otero Penedo conformábanse coa prata e o bronce con 87 e 86 pratos derrivados, respectivamente.

O tirador Antonio Castro Ferreiro foi o tirador que obtivo o primeiro posto na categoría de veteranos con 84 pratos. Foi Eliseo Faraldo Fernández o subcampión da categoría con 69 pratos.

Este campionato provincial contou co patrocionio da Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

AUTONÓMICO E PROVINCIAIS RAPOSO
27/01/2025
O equipo coruñés “Os da Baladoira” foi o gañador no Autonómico de Cans de Rastro sobre Raposo

PROVINCIAL ARCEAS OURENSE
21/01/2025
O título de campión provincial foi para Ivan Álvarez coa setter “Trina”

PROVINCIAL CORUÑA CETRARÍA
16/01/2025
Cetreiros en Santa Comba

CANS DE PARADA SOBRE ARCEA
30/12/2024
“Seeker de Montemayor”, de Esteban Cambón Bértoa, campión da proba


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza