XXVIII Campionato Galego de Cans de Rastro Atraelados sobre Xabaril
Abegondo foi o lugar elexido pola Federación Galega de Caza para celebrar o XXVIII Campionato Galego de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril. Unha proba desputada no día de hoxe, 15 de xuño, e que contou coa colaboración e enorme traballo da Asociación de Cazadores de Abegondo.
Os monteiros e cans clasificados nas respectivas fases provinciais dividíronse en 3 campos para afrontar a semifinal na que os 5 mellores clasificados de cada campo desputaban a gran final. Nesta fase clasificatoria destacamos a participación de Antonio Sánchez con “Chico”, Julio Ferradás con “Copi” e Francisco Rodeiro con “Pistolas” que obtiveron as mellores puntuacións de cada campo.
Unha vez realizado o sorteo de participación por parte do Director da Proba e Delegado da especialidade, Jaime González, deu comenzo a gran final. Unha final na que o lucense Martín Martínez García coa cadela “Roma” compretaban unha gran prestación que o convertían no novo Campión Galego da especialidade con 224,66 puntos. Foi o pontevedrés Salvador Sestelo Núñez o que coa súa cadela mestiza “Beba” obtiña o segundo posto con 224 puntos, e decir, a menos dun punto do campión o cal amosa o enorme nivel da fase final. O monteiro Julio Ferradás Rozas con “Copi” compretaba o podio co bronce acadado despois dunha participación que lle reportou 221,33 puntos.
Por terceiro ano consecutivo, o lucense Michael Otero Folgueira recibiu a placa de campión da Copa Galicia da especialidade, obtida grazas ao bo facer durante toda a tempada co seu can de nome “Chacho”.
A Selección Galega para a desputa do Campionato de España quedou conformada polos seguintes monteiros: Martín Martínez, Salvador Sestelo, Julio Ferradás, Miguel Ángel Rey, Michael Otero (por Copa Galicia), Antonio Sánchez (por Copa Galicia), Cristóbal Cacheda e Francisco Rodeiro. Un Campionato Nacional que se desputará o vindeiro día 29 de xuño en Asturias.
Na entrega de premios e clausura o Delegado Autonómico, Jaime González, agradeceu a deportividade e participación de todos os monteiros nas diferentes probas realizadas ao longo do ano. Pechaba o acto o presidente da FGC, Luis Eusebio Fidalgo, destacando o alto nivel dos galegos nesta especialidade desexando que o título nacional veña para Galicia no vindeiro Campionato de España. Fidalgo fixo unha mención especial para o participante Antonio Sánchez polo primeiro posto acadado, en días atras, co seu can “Chico” na Copa España Mutuasport de Xabaril.
Este Campionato Galego contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e Arion.