III Proba de Asexos de Caza con Arco sobre figuras 3D
Baixo a organización do Clube Cazarco e a Federación Galega de Caza en Pontevedra, o pasado 26 de maio tivo lugar a terceira edición da Proba de Asexos de Caza con Arco sobre figuras 3D. Unha proba que mantivo o éxito acadado nas pasadas edicións congregando a un elevado número de arqueiros galegos.
Unha proba celebrada nas instalacións deportivas do Clube Cazarco, sito no lugar de Candán – Soutomarior (Pontevedra) e que congregou a un total de 36 arqueiros e arqueiras.
Rematada a competición, o Director da Proba e Delegado de Arco da FGC, Jaime Villaverde Balado, deu a coñecer a clasificación das diferentes categorías:
Arco Asistido Masculino
-Jaime Villaverde Balado: 316 puntos
-Eloy Álvarez Couñago: 313 puntos
-Eugenio Fernández Otero: 308puntos
Arco Tradicional Masculino
-Simón Sabaris García: 174 puntos
-Jacobo Santoro Lorenzo: 170 puntos
-José García Gómez: 161 puntos
Arco Asistido Damas
-Mª Carmen Novoa Varela: 250 puntos
-Marina Oliveira
Arco Tradicional Damas
-Laura Fernández Crespo: 87 puntos
-Eva Davila Rodal: 65 puntos
Junior
-Carlota Otero Cayetano: 151 puntos
-Nerea Piñeiro Gago: 133 puntos
-Iria Boullosa Curras: 120 puntos
Cadetes
-Serafín German Veiga Prieto: 70 puntos
Esta proba contou coa colaboración do Concello de Soutomario e co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport.