XXV Campionato Provincial de Lugo de Cans de Rastro Atrelados modalidade Xabaril
Dentro do programa de competicións cinexético deportivas da XXVII Festa da Caza de Lugo celebrouse, este domingo 26 de maio, o Campionato Provincial de Lugo de Cans de Rastro Atrelados modalidade Xabaril no que participaron preto de 30 cans e monteiros.
Unha proba organizada pola Federación Galega de Caza en Lugo e sendo puntuable para a Copa Galicia da especialidade e tamén clasificatoria para o Autonómico da modalidade que se desputará o vindeiro 15 de xuño.
O monteiro Luis Otero Alonso foi o que maior puntuación obtivo na fase final acadando un total de 264,5 puntos co can “Turco” e sendo deste xeito o campión da proba e tamén campión provincial. O tamén lucense Maikel Otero Folgueira co can “Chacho” era o segundo clasificado con 259,5 puntos. Compretou o podio o coruñés Francisco Rodeiro Eiras con “Pistolas” e 253 puntos.
A selección lucense quedou conformada polos seguintes monteiros: Luis Otero, Maikel Otero, Martín Martínez, Carlos Rouco, Nestor Trasancos, Manuel Fernández Vecino, Francisco Gómez, José Manuel Yáñez, Juan Fernández Vecino e Camilo Cabodevila.
Este Campionato contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Arion e Mutuasport.