Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
AUTONÓMICO DE PERCORRIDOS DE CAZA
Torres Parada gañador do Autonómico de Percorridos de Caza en Río Sar
20/05/2024

XXXVI Campionato Galego de Percorridos de Caza en Río Sar

A edición número XXXVI do Campionato Galego de Percorridos de Caza desputouse en Río Sar na xornada de onte, 19 de maio, e no cal o coruñés José Manuel Torres Parada foi o gañador.

Unha edición con preto de 90 tiradores divididos en 15 escuadras que se enfrontaron a condicións climáticas incómodas para o tiro e que lastraron as marcas acadadas polos mesmos.

Baixo a organización da Federación Galega de Caza e a Sociedade Deportiva Río Sar, desputábase este Autonómico de Percorridos que rematou sendo unha fantástica tirada a 150 pratos con 3 liñas de tiro a duas voltas.

Foi o tirador José Manuel Torres Parada o que remataba con 136 pratos despois dunha tirada moi regular, de menos a máis, e que o converteron no novo campión galego da especialidade. O tirador Miguel Cunha Morais, chegado do país veciño, foi quen de escachar 135 pratos ca súa escopeta paralela e obtivo a prata. O pontevedrés Martín Baqueiro Villafines foi o terceiro clasificado con 133 pratos, laiándose dese 19 obtido no campo 5 que o alonxaron da pelexa polo título. 

Na categoría Senior o campión e cuarto da xeral era Antonio Iglesias Otero con 131 pratos. O portugués Alfredo García Mendonça e Manuel García Pombo obtiñan o segundo e terceiro posto, respectivamente.

En Veteranos o campión era Elisardo Cea Cebreiro o cal realizou unha fantástica tirada con 115 pratos por diante de Gabino Villamor Vázquez e Eliseo Faraldo Fernández, respectivamente.

En Tiro Adaptado o campión era Artemio Formoso Barro con 123 pratos, en   Xuveniles o primeiro posto era para Álvaro Viqueira Castro e en Máster o mellor clasificado foi o incombustible Ángel Mosquera Rodríguez.

O tirador coruñés Daniel Cebreiro García recibiu, da man do secretario xeral José Moure, unha placa da FGC por ser o Campión da Copa Galicia de Percorridos 2024. Tanto Daniel Cebreiro como Martín Baqueiro tamén recibiron un recoñecemento especial por parte da Directiva de Río Sar pola gran participación realizada no pasado Campionato de Europa de Compak Sporting, celebrado en Oporto, no cal Daniel Cebreiro foi o español mellor clasificado, rematando octavo da xeral cunha marca de 197/200. Destacada a tirada tamén de Martín Baqueiro con 190/200, ambos merecedores dese recoñecemento e entrega de diplomas por parte do presidente da Sociedade Deportiva Río Sar, Luis Sánchez Mancebo.

A Selección Galega para o Nacional de Percorridos quedou formada por José Manuel Torres Parada, Martín Baqueiro Villafines, Daniel Cebreiro García, José Manuel Fernández Añón, Artemio Formoso Barro e Elisardo Cea Cebreiro.

Este Campionato Galego contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAZA MENOR
04/11/2024
Alfonso García coa setter “Jara” proclamouse Campión Galego de Caza Menor en Portomarín

CAMPIONATO XUNTA GALICIA CAZA MENOR
30/10/2024
Clasificados para o Autonómico de Caza Menor con Can

CAMPIONATO XUNTA GALICIA CETRARÍA
29/10/2024
Os mellores cetreiros na Terra Chá

PROVINCIAL PONTEVEDRA CAZA MENOR
29/10/2024
Ramón Carballido con “Mouro” gañador do provincial pontevedrés de caza menor


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza