XIV Campionato Provincial de Ourense de Cans de Rastro Atraelados sobre Xabaril
Coa colaboración da Sociedade de Cazadores “O Irixo” o pasado 4 de maio desputábase o Campionato Provincial de Ourense de Cans de Rastro Atraelados modalidade Xabaril baixo a organización da Federación Galega de Caza en Ourense.
Unha proba, puntuable para a Copa Galicia, que estivo xuzgada por Emilio Vila Torreira e contou coa participación dun total de 16 monteiros que presentaron máis de vinte cans para a destreza do rastrexo.
O campión da proba era o monteiro pontevedrés Álvaro Fontenla Filgueira co seu can de nome “Lito” obtendo un total de 241 puntos. O can mestizo de nome “Pistolas” conducido polo coruñés Francisco Rodeiro Eiras foi o subcampión con 239 puntos. Salvador Sestelo Núñez era o terceiro clasificado coa cadela “Beba”, tamén con 239 puntos. O monteiro mellor clasificado da provincia e polo tanto campión provincial foi José Luis Mera Cernadas con “Trufa”.
A selección provincial quedou composta polos seguintes monteiros: José Luis Mera, José Manuel Baloira, Miguel Ángel Rey, Daniel Souto, Manuel Antonio Bujan e David Varela.
Este campionato rovincial contou coa colaboración do Concello de O Irixo e co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e Arion.