Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
PROVINCIAL LUGO PERCORRIDOS CAZA
Mario González foi o campión lucense e Roberto Rodríguez o campión da proba
05/05/2024

XVIII Campionato Provincial de Lugo de Percorridos de Caza

Baixo unha intensa e persistente choiva trascorreu hoxe, 5 de maio, o XVIII Campionato Provincial de Lugo de Percorridos de Caza organizado pola Federación de Caza de Lugo e contando coa colaboración da Sociedade de Cazadores San Nicolás.

Esta proba, puntuable para a Copa Galicia da especialidade, contou con preto de medio cento de tiradores que se enfrontaron a 100 pratos nos que se acadaron destacadas marcas pero que se viron mermadas pola choiva e o vento.

 

Foi o pontevedrés Roberto Rodríguez Fernández o que obtivo o primeiro posto da Xeral con 88 pratos escachados. Roberto Rodríguez mantivo un alto nivel de tiro o cal lle permitiu ser o campión da proba apesares da competitividade que mantivo co coruñés Protasio Hermida Suárez que chegaba ao derradeiro posto con posibilidade da victoria pero que remataría en segunda posición con 87 pratos. O bronce tamén foi para Coruña da man de José Manuel Fernández Añón con 86 pratos. O cuarto posto era, tamén con 86 pratos, para Mario González Yañéz que se convertía no novo campión provincial e tamén obtiña o primeiro posto da categoría Senior.

Na categoría Senior o segundo e terceiro posto eran para Carlos Misa Alonso e Cristino Mera Román, respectivamente con 81 e 80 pratos.  

En Veteranos o tirador José González Yáñez era o campión da categoría con 79 pratos. A prata era para Antonio Castro Ferreiro e o terceiro posto para Eliseo Faraldo Fernández.

José María González Rodríguez era o Máster mellor clasificado e Artemio Formoso Barro en Tiro Adaptado e José Manuel Prieto Fernández en Iniciados o resto de campións desta edición.

Este Campionato contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

AUTONÓMICO FIELD TARGET
15/07/2024
Os mellores tiradores de Field Target desputaron o Autonómico en As Pontes

PROBA COPA GALICIA RASTRO XABARIL
10/07/2024
Julio Ferradás con “Copi” gañadores en A Lama

SAN HUBERTO MANUEL REBORDELO
10/07/2024
Edelmiro Leira con “Nilo” gañadores nas Pontes

CAMPIONATO ESPAÑA RASTRO XABARIL
01/07/2024
Antonio Sánchez con “Chico” campións de España de Rastro de Xabaril


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza