IV Proba de Cans de Rastro sobre Lebre
Con enorme espectación arrincaba a cuarta edición da Proba de Cans de Rastro sobre Lebre o pasado sábado 27 de abril baixo a organización da Federación Galega de Caza de A Coruña e á colaboración dos acoutados das sociedades de caza Halcón de Mazaricos e Cinexética Carnotana de Carnota.
Sociedades de caza que puxeron á disposición os seus terreos para que os participantes e cans desfrutasen dunha gran xornada cinexético deportiva. Proba na que se presenciaron fermosas prestacións dos cans participantes e que proporcinaron ao público lances de enorme beleza cinexética.
Foi a asturiana, Nerea Álvarez Vázquez a que co seu lote composto por “Sara”, “Mora”, “Sola” e “Linda” obtiña o primeiro posto da clasificación xeral con 146 puntos.
O segundo posto foi para Álvaro Castiñeira Costa que cos seus cans de nome “Lira”, “Bimba”, “Toby”, “Lena”, “Boby” e “Trus” obtiña o segundo posto con 107 puntos.
O bronce foi para o lote propiedade de José Javier Suárez Rama conformado por “Otto”, “Madame”, “Marco”, “Sarela”, “Trasno” e “Timba” e 105,5 puntos.
A cadela “Sara” da campiona Nerea Álvarez foi galardoada co premio ao Mellor Can con 150 puntos.
Esta proba contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e Arion.