IV Copa Federación de Cans de Rastro sobre Xabaril Salvaxe “Proba de Ceiba do Barbanza”
O sábado 20 de abril, desputábase a cuarta edición da Copa Federación de Cans de Rastro sobre Xabaril Salvaxe “Proba de Ceiba do Barbanza” baixo a organización da Federación Galega de Caza na Coruña e coa colaboración das Sociedades de Caza Lousame-Noia, Rianxo, Porto do Son, Dodro, Rois e Castelo de Vitres-Folgoso.
Novamente gran expectación ante unha proba de cans de rastro sobre xabaril salvaxe que tanto atrae a monteiros galegos e do norte de España. Mostra delo foron os 18 lotes participantes que realizaron prestacións de calidade grazas, en parte, ao enorme traballo que, a pe de monte, fixo a organización, os rastrexadores e as sociedades de caza colaboradoras.
Foi o lote de cans “Moro, Kira, Rabuca, Gina, Bugati e Pico” propiedade de Andrés Dieste Piñeiro o que acadou o primeiro posto da clasificación xeral con 880 puntos, converténdose no campión desta cuarta edición. O tamén galego José Manuel Costa Pérez cos cans “Cuco, Laika, Cholo, Tata, Senda e Osita” era o segundo clasificado con 770 puntos. O monteiro cántabro Felipe Martínez Moyano cos cans “Tango, Moro, Kora, Nemo, Lola e Coco” foi o que obtiña o bronce con 670 puntos.
A can “Moro” propiedade do terceiro clasificado, Felipe Martínez, foi mencionada como Mellor Can da Proba.
Estes eran o resto de puntuacións e clasificados:
- 4º) Víctor Mallo Carro: 665 puntos
- 5º) Simón Fernández: 655 puntos
- 6º) Eloy Casais Martínez: 600 puntos
- 7º) Iván Martínez Garcíal: 442 puntos
Este campionato contou co patrocionio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e Arion.