Campionato Federación Galega de Caza da Coruña de Cans de Parada
O pasado 24 de febreiro tivo lugar no Tecor de Frades o Campionato Federación Galega de Caza da Coruña de Cans de Parada, puntuable para a Copa Galicia da especialidade.
Proba organizada pola Federación Galega de Caza na Coruña e que contou coa colaboración da Sociedade de Cazadores de Frades.
A competición trascorreu sen imprevistos apesares de que as condicións climáticas non eran as desexadas polos participantes inscritos. Xornada na que as razas británicas foron as que obtiveron calificación.
O setter de nome “Bren” propiedade de Jose María Carnota Ríos era o que obtiña o primero posto con calificación de 1 MB. A prata cun 2ºMB era para o setter de nome “Chico” propiedade de Antonio Vilar Vigo. O bronce acadabao o tamén setter de nome “Bruxo” de Roberto Dopico Dopico cun 3ºMB.
Este Campionato Provincial contou coa colaboración da Deputación da Coruña e o patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Arion e Mutuasport.