Campionato Galego e Provinciais de Cans de Rastro sobre Raposo
No concello ourensá da Veiga tivo lugar, o pasado 27 de xaneiro, a edición número XXVII do Campionato Galego de Cans de Rastro sobre Raposo.
Dita xornada cinexética foi organizada pola Federación Galega de Caza e contou co gran traballo e colaboración do concello da Veiga e a Sociedade de Cazadores de dito acoutado.
Ao título Autonómico optaron un total de 14 equipos chegados das catro provinciais e tamén un equipo conformado, na totalidade, por cazadoras que quixeron estar presentes nesta xornada. Tamara Fernández foi a encargada de capitanear este equipo feminino chamado “Amiguiñas do Raposo” as cales desfrutaron dunha maña moi entretida con algún que outro lance e moita amizade.
Esgotado o tempo de participación, os diferentes equipos foron facendo a súa entrada en control para o posterior análise veterinario das pezas capturadas. O Delegado da Especialidade de Raposo da FGC, Ramón Rodríguez Cobas, foi o encargado de dar a coñecer a clasificación final quedando do seguinte xeito: O equipo ourensá “Doble Cero” resultou Campión Galego cun total de 1.000 puntos.
O segundo e terceiro posto foi para terras lucenses da man das cuadrillas “Os Chambóns” e “Aparta que ahí Vamos” que con 500 puntos obtiñan a prata e o bronce, respectivamente.
A entrega de premios e a clausura do acto por parte das autoridades presentes puxeron o punto e final desta proba que tamén marca, dalgún xeito, o inminente remate da tempada cinexética 2023/2024.
Campionatos Provinciais de Raposo
- Pontevedra
A fase pontevedresa desputouse nas Neves e A Cañiza coa participación dun total de 170 cazadores. O equipo campión foi “Armenteira Bo Rastro” con 1.000 puntos. O subcampionato foi para o equipo “Salnés 2” con 500 puntos. E o bronce foi para a cuadrilla “Poio Cartucho” tamén con 500 puntos.
- A Coruña
O mellor equipo clasificado da especialidade pola provincia da Coruña foi a cuadrilla “Cerceda” con 1.500 puntos. Tamén con 1.500 puntos, pero en segunda posición, rematou a cuadrilla “Os Golpistas”. O terceiro posto do podio era para o equipo “Os Indomables” con 500 puntos. Destacar a alta participación con preto de 30 equipos e tamén os numerosos raposos avistados.
- Lugo
Por terras da Fonsagrada, máis de 120 raposeiros lucenses participaron na fase provincial na que o título foi acadado polo equipo “A Xesteira” con 1.500 puntos. “Aparta que ahí Vamos” e “Os Chambóns” obtiveron a prata e o bronce, respectivamente, con 500 puntos.
- Ourense
Na provincia de Ourense, o equipo que resultou campión da proba foi “Lamela” que entraba en control con 500 puntos. O segundo posto foi para o actual Campión Galego da especialidade, o equipo “Doble Cero”.
Este campionato galego contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e Arión.