Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
GALEGO DE ARCEAS
José Antonio Vasconcellos e Nuria Varela son os novos campións galegos de caza de arceas
24/12/2023

XXVII Campionato Galego e I Campionato Galego Feminino de Caza de Arceas

No día de onte, 23 de decembro, no concello pontevedrés do Rosal, desputouse unha das grandes citas do calendario de competicións da Federación Galega de Caza. Coa colaboración da Sociedade de Caza A Rosaleña despoutouse a edición número XXVII do Autonómico de Arceas que neste 2023 tiña, como novidade, a celebración da primeira edición feminina.

Foi o cazador pontevedrés José Antonio Vasconcellos Vicente acompañado do seu setter o que fixo a primeira entrada en control con unha captura e que, finalmente, lle supuxo acadar o primeiro posto da clasificación xeral e converterse no campión galego deste 2023. Tamén con 500 puntos, pero en segunda posición, remataba o cazador Antón Moure Segade da Coruña. O bronce foi para terras lucenses da man de José Manuel Díaz Paz con tamén 500 puntos. 

A primeira campiona galega de caza de arceas foi Nuria Varela Painceiras que xunto co podio masculino representará a Galicia nos campionatos de España da especialidade.

Un agradecemento especial á Sociedade de Caza A Rosaleña por ceder os seus terreos para a desputa deste campionato, o cal trascorreu sen imprevistos e con máxima deportividade. Unha proba con menos lances cinexéticos dos desexados por os participantes pero a arcea e a súa caza son impredecibles.

Este campionato galego contou co patrocinio a Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e Arión.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

XABARIL SALVAXE TRAILLA FERROLTERRA
14/04/2025
Manuel Piñeiro con “Zidane” gañador en Ferrolterra

PROVINCIAL CORUÑA PERCORRIDOS CAZA
07/04/2025
Antonio Iglesias proclamouse campión provincial de percorridos de caza

XABARIL KARSITA
07/04/2025
O monteiro Francisco Rodeiro acada o primeiro posto con “Pistolas” en Vilagarcía

XABARIL SALVAXE CODESEDA
01/04/2025
Rubén Gómez con “Sil” campións en Codeseda


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza