XXXVI Campionato Galego de Caza Menor con Can e II Campionato Galego de Caza Menor Adaptado
O título Autonómico de Caza Menor con Can vai para terras de Ourense da man do cazador Jose Luis García Álvarez que, no día de hoxe, 4 de novembro, foi o campión da proba desputada no Tecor Nimo - Colou dos concellos coruñeses de Lousame e Noia.
Baixo a organización da Federación Galega de Caza e coa vital colaboración da Sociedade de Caza e Pesca Lousame-Noia desputouse esta fase final de caza menor con can que, sen dúbida, estivo marcada pola sucesión de condicións climáticas cambiantes. Apesares de competirse baixo un forte vento os 21 cazadores clasificados cos seus respectivos cans e xuíces desfrutaron dunha xornada máis de caza menor na que os lances foron numerosos.
Con 1.100 puntos o campión galego de caza menor con can deste ano 2023 foi o ourensán Jose Luis García Álvarez participando coa pointer de nome “Xesta”. Un título moi pelexado e que estivo a piques de voltar, por terceiro ano consecutivo, ás mans do coruñés Jose Manuel Torres Parada con “Enxa” que obtivo a mesma puntuación que o campión pero relegado á segunda posición. O bronce foi tamén para a provincia de Ourense grazas ao competidor Alfonso García Rodríguez que coa cadela “Jara” obtivo un total de 750 puntos.
No Campionato Galego de Caza Menor Adaptados o primeiro posto foi para Formoso seguido de Emilio Vila en segunda posición.
Estes tres primeiros clasificados da categoría masculina máis o campión de Adaptados, representarán a Galicia na Semifinal do Campionato de España da especialidade a celebrar por terras de Ciudad Real o 18 de novembro.
Facer unha mención especial ao Tecor Nimo-Colou por ceder os seus terreos para a desputa deste Autonómico. Uns terreos con abundante caza menor o que propiciou que case todos os cazadores tivesen a posibilidade de realizar diferentes lances.
Rematada a competición tivo lugar o acto de clausura e entrega de premios. Pedro Martínez Ángel como Director da Proba agradeceou o comportamento e deportividade dos participantes ao tempo que daba a palabra as autoridades, entre as que se atopaba: Belen María Docampo, Directora Xeral de Patrimonio Natural; Luis Eusebio Fidaldo Presidente da FGC; Ramón Rodríguez, Vicepresidente da FGC; José Moure, Secretario Xeral da FGC; Francisco Couselo, Presidente da FGC de Pontevedra; José Arturo Díez, Presidente da Sociedade de Caza e Pesca Lousame-Noia así como Teresa Villaverde, Alcaldesa de Lousame e Santiago Freire Alcalde de Noia, entre outros.
Este Campionato Galego contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e Arion.