Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
PROVINCIAL PONTEVEDRA CAZA MENOR
David Carballido con “Xesta” gañador do provincial pontevedrés de caza menor
23/10/2023

XXXVI Campionato Provincial de Pontevedra de Caza Menor con Can

O pasado sábado 21 de outubro desputouse, nos terreos do Tecor Santa Bárbara das Neves - Arbo, o Campionato Provincial de Pontevedra de Caza Menor con Can organizado pola Federación Galega de Caza en Pontevedra en colaboración con dita Sociedade de Cazadores.

O campionato trascorreu sen imprevistos e baixo unhas condicións climáticas moi favorables que, xunto coa boa organización e calidade dos terreos, propiciou un exercicio cinexético moi satisfactorio para os cazadores participantes. 

Foi o cazador David Carballido Blanco coa podenca “Xesta” o que obtivo o primeiro posto e o título de campión provincial ao chegar ao control con 1.250 puntos. Na segunda posición remataba o cazador Ero Martínez Vilasenin con 350 puntos e participando coa podenca “Chula”. O bronce era para Julio Pereira Martínez que participou coa setter “Silva”.

Este campionato provincial contou co patrocionio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e pensos Bichoucos.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CANS DE PARADA LUGO
10/03/2025
Cans de Parada no Tecor Terra Chá

CANS DE PARADA SOBRE ARCEA
11/02/2025
A setter inglés “Gala da Brisa” de Higinio Rodeiro foi a mellor calificada

AUTONÓMICO E PROVINCIAIS RAPOSO
27/01/2025
O equipo coruñés “Os da Baladoira” foi o gañador no Autonómico de Cans de Rastro sobre Raposo

PROVINCIAL ARCEAS OURENSE
21/01/2025
O título de campión provincial foi para Ivan Álvarez coa setter “Trina”


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza