Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CAMPAÑA A CAZA TAMÉN VOTA
A caza e as forzas políticas galegas ante o 23J
18/07/2023

Campaña “A caza tamén vota”

Con motivo das vindeiras Eleccións Xerais do 23 de xullo, a Federación Galega de Caza (FGC) ven de rematar a campaña “A caza tamén vota: E de caza que?”, que en cada proceso electoral, dende hai varios anos, ven levando a cabo. Campaña que se enclava dentro do “Compromiso Político con la Actividad Cinegética” impulsado a nivel nacional pola Real Federación Española de Caza.

A finalidade desta iniciativa promovida pola FGC foi coñecer a postura dos diferentes grupos políticos sobre a caza en xeral e en Galicia en particular, para trasladarlla aos cazadores e cazadoras da nosa comunidade e que estes teñan a información que lles importa ao respecto da súa actividade de cara a exercer o seu dereito a voto. 

Por este motivo, nos pasados días, convidouse ao PSOE, PP, VOX e BNG, a manter encontros coa FGC sobre a caza, ao tempo que solicitou a firma e o compromiso de aspectos relevantes para a proxección da caza na nosa comunidade. Un compromiso que, entre outros, atendía aos seguintes aspectos: 

- Que a caza sexa recoñecida como actividade esencial

- Excluir ao lobo do LESRPE permitindo un control efectivo

- Favorecer a imaxe social da caza

- Que a caza este presente e representada nos órganos consultivos

- Realizar reunións de traballo cando exista un asunto de especial interese para a caza

A FGC informa que as forzas políticas do PSOE e BNG non atenderon a chamada da caza e non deron resposta ao encontro solicitado polo ente federativo.

O pasado 11 de xullo, a formación política VOX, representada por: Manuel Fuentes Lamas, candidato provincial da Coruña ao Senado e Eva María Castro Caridad, número dous por Coruña ao Congreso, mantiveron un encontro con representantes federativos durante o cal escoitaron e valoraron positivamente a actividade cinexética ao tempo que asinaron o compromiso coa actividade presentado pola FGC.

Foi o Partido Popular o que tamén escoitou, apoiou e asinou o compromiso cinexético da FGC despois da reunión mantida o pasado 14 de xullo entre a xunta executiva federativa e os seguintes representantes populares: Marisol Díaz Mouteira, coordinadora de Medio Ambiente da formación, Jose Manuel Barreiro, candidato ao Senado por Lugo e Xose Crespo Iglesias alcalde de Lalín e candidato ao Senado por Pontevedra. 

Con esta campaña, a FGC non pretendeu politizar a actividade cinexética, senón todo o contrario, lamentando a non atención do PSOE e BNG. A Federación Galega como máximo representante do colectivo debe dar a coñecer aos cazadores galegos as posturas e programas dos diferentes partidos políticos respecto á caza.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

ASEMBLEA XERAL - CURSOS FORMACIÓN
02/12/2024
Unanimidade nos acordos da Asemblea Xeral e entrega dos Diplomas dos Cursos de Formación

MUTUASPORT - ARTEMISAN - RFEC
29/11/2024
Os cazadores federados invirten na defensa da caza e conservación das aves migratorias

AFECTADOS DANA
11/11/2024
Os cazadores españois doan 24.000€ aos afectados pola DANA

PROXECTO ARCEA
21/10/2024
Gran aportación dos cazadores galegos para o censo das arceas


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza