XXXII Copa Federación Galega de Caza de Pontevedra de Cans de Parada
O pasado 17 de xuño desputábase en Lalín a XXXII edición da Copa Federación Galega de Caza de Pontevedra de Cans de Parada na que era a FGC de Pontevedra a encargada da súa organización e contaba coa colaboración da Sociedade de Caza e Pesca de Lalín.
A proba estivo dirixida por Jose Luis Meijomé Blanco, desenrolándose sen imprevistos e baixo unha gran deportividade.
En británicos foi o setter inglés de nome “Azor da Brisa da Ría” conducido por Eloy Rodríguez Rego o que obtiña a mellor calificación con 1º MB. Cunha puntuación de Bo o segundo clasificado era Jose Manuel Couce García participando co can de nome “Máximo”. Coa mesma calificación obtida por “Máximo” o terceiro clasificado era Félix Robles López co can “Rollter”.
En continentais o campión era José Vicente Cortés co braco de nome “May de la Judería” obtendo un 1EXC.
Este Campionato contou coa colaboración de Pensos Bichoucos e co patrocinio da Secretaria Xeral para o Deporte, Mutuasport e Proyecta Galicia.