Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CURSO CAZADOR CON FORMACIÓN CORUÑA
IV edición do curso de “Persoa Cazadora con Formación” a celebrar na Coruña o vindeiro 16 de xuño
31/05/2023

Despois da celebración das edicións de Santiago, Lugo e Pontevedra as Consellerías de Medio Ambiente, Territorio e Vivienda; Medio Rural; e Sanidade, en colaboración coa Federación Galega de Caza, ofertan a cuarta edición do curso de persoa cazadora con formación, organizado pola Escola Galega de Saúde Pública, que se celebrará o día 16 de xuño de 2023 na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade na Coruña (rúa Durán Loriga, 3).

O obxetivo do curso é obter a credencial como persoa cazadora con formación, mediante a acreditación dos coñecementos para realizar o control in situ, sanitario e de hixiene das pezas de caza silvestres abatidas para ser destinadas ao consumo humano, así como do control de subprodutos animais non destinados ao consumo humano e de sanidade animal, na práctica cinexética de caza maior, establecidos na normativa de aplicación.

Coa superación deste curso, a persoa cazadora formada estará habilitada para facer o primeiro exame da peza, distinguindo se esta e as vísceras teñen un aspecto normal ou pola contra presentan anormalidades que poidan xerar dúbidas da posible inocuidade da carne. Unhas boas prácticas á hora do manexo das pezas de caza maior vai a favorecer a seguridade alimentaria da carne para consumo humano.

Información e inscricións en: https://www.sergas.es/Saude-publica/EGSP-curso-caza

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

RULA
05/03/2025
Europa confirma que España cumpre os requisitos para cazar a rula de forma sostible na tempada 2025/26

MANIFESTO XUNTA GALICIA
02/03/2025
Manifesto institucional da Xunta de Galicia en contra da violencia no Deporte

OBSERVATORIO CINEXÉTICO
26/02/2025
Cazador e tempo de traballar pola caza! súmate á campaña de censos do Observatorio Cinexético

FORMACIÓN
24/02/2025
Xornada de Cans de Caza


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza