Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
FESTA DA CAZA DE LUGO
Volta á esencia da Festa dos cazadores lucenses
22/05/2023

A XXVI edición xuntou a preto de 300 cazadores en Portomarín

Michael Otero en Rastro de Xabaril, Roberto González en San Huberto, Jesús García en Compak, Constantino Vilar en Percorridos de Caza e Eloy Martínez e José Vicente en Caza Práctica; foron os Campións Provinciais desta vixésimo sexta edición da Festa da Caza de Lugo; organizada pola Federación Galega de Caza en Lugo e a Asociación Lucense de Caza e coa colaboración das Sociedades de Caza San Nicolás e Monte Pena Maior e a Secretaría Xeral para o Deporte de Lugo, Concello de Portomarín, Concello de Lugo e o Bar España de Portomarín.

A Festa cinexética, comezaba na xornada do sábado 20 de maio coa celebración da competición de Compak Sporting para rematar o domingo 21 coa desputa das disciplinas de Rastro de Xabaril, Cans de Parada, Percorridos de Caza e San Huberto.

No XXII Campionato Provincial de Compak Sporting celebrado no campo de tiro eventual e desputado a 50 pratos, as 5 escadras de tiradores participantes tentaron escachar o maior número de pratos. Foi o tirador Protasio Hermida Suárez, con 46 pratos, o que acadou o primeiro posto da Clasificación Xeral, non sen antes desputar con Carlos Misa Alonso un intenso desempate. O terceiro posto, con 44 pratos, era para o lucense Jesús García Salgado que se convertía no Campión Provincial . En Senior impoñíase Carlos Misa Alonso namentras que en Veteranos o gañador era José González Yáñez. Artemio Formoso en Tiro Adaptado, Maitane Fandiño en Damas, Rubén García en Iniciados, Javier Suárez en Xuveniles e José María González en Máster completaban o grupo de campións desta modalidade. 

O XXXIII Trofeo Cidade de Lugo de Caza Práctica desenrolouse sobre perdiz sementada e participaron cans de Razas Británicas e Continentais. En Británicos foi “Bono da Brisa da Ría” propiedade de Eloy Rodríguez Martínez o único que acadou puntuación cunha calificación de 1ºEXC. En Continentais era José Vicente Cortés o que acadaba o primeiro posto con“Ciro de Poldarria” cun 1ºEXC.

O XVII Campionato Provincial de Percorridos de Caza foi desputado a un total de 100 pratos con moi diversos postos de tiro e traxectorias que encandilou o medio cento de tiradores participantes. Foi o tirador lucense Constantino Vilar Rodríguez o que se impoñía nesta disciplina cunha tirada na que acadou 88 pratos, facéndose así co primeiro posto da Clasificación Xeral e sendo o Campión Provincial e Campión Senior. Vicente Insúa López foi o subcampión e José Manuel Fernández Añón o terceiro clasificado da xeral. Luis Salmerón en Máster, José González en Veteranos, Artemio Formoso en Tiro Adaptado, Martín Rodríguez en Iniciados e Javier Suárez  en Xuveniles foron os campións nas respectivas categorías. 

Na modalidade de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril, desputábase a edición XXIV do Campionato Provincial puntuable para a Copa Galicia e á que acudían preto de 30 cans. Na fase final impoñíase o monteiro lucense Michael Otero con “Nely” e 228,5 puntos converténdose no Campión da Proba e Campión Provincial. Joaquín Guerreiro con “Lie” obtiña a prata con 226,5 puntos. E o terceiro posto do podio era para Luis Otero con “Turco”. A selección lucense para o galego da especialidade estará formada por: Michael Otero, Luis Otero, Martín Martínez, J. Manuel Yáñez, Carlos Rouco, Marco Antonio Pérez, Francisco Gómez, Juan Vecino, Néstor Trasancos e José Quintela. 

Na XXVI edición do Campionato Provincial de Caza San Huberto foi o cazador Roberto González o que se convertía en Campión da Proba e Campión Provincial con 63 puntos competindo co can de nome “Ciclón”.  O segundo posto era para Corsino Valero con “Mía” e 59 puntos. O terceiro clasificado era Víctor Varela con “Core” e  52 puntos. Os cazadores Roberto González, Corsino Varela, Juan Carlos Arteche, Manuel Megide e Camilo Taboada.

Unha vez rematadas tódalas competicións, participantes, organización, público e autoridades gozaron dun xantar de irmandade na que se deron cita preto de 300 comensais.

Estes Campionatos contaron co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Proyecta Galicia, Mutuasport e Arión.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAMPIONATO XUNTA GALICIA ARCEAS
16/12/2024
O Autonómico de Caza de Arceas decidirase en Antas de Ulla

PROVINCIAL PONTEVEDRA ARCEA
16/12/2024
José Antonio Vasconcellos con “Azor” proclamouse campión provincial na Lama

PROVINCIAL LUGO CAZA ARCEAS
25/11/2024
Manuel Rodríguez coa setter “Huma do Yelsar” gañador en O Corgo

CAZA MENOR
04/11/2024
Alfonso García coa setter “Jara” proclamouse Campión Galego de Caza Menor en Portomarín


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza