Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
PROVINCIAL PONTEVEDRA PERCORRIDOS
Domínguez Treinta revalida o título no provincial de pontevedra de percorridos
15/05/2023

XXXVI Campionato Provincial de Pontevedra de Percorridos de Caza 

Na xornada de onte, 14 de maio, desputábase a proba provincial de Pontevedra de Percorridos de Caza na que o tirador Daniel Domínguez Treinta revalidou o título e realizou unha sobresainte tirada na que foi quen de escachar 93 pratos e proclamarse Campión Provincial e Campión da Proba. 

Esta proba contou coa organización da Federación Galega de Caza en Pontevedra e a esencial colaboración do Clube de Tiro Fronteiriñas e Clube de Tiro Eido Dalbo.

Destacamos a ampla inscrición de tiradores para esta fase provincial que rondou os 70 tiradores. Tiradores que se enfrontaron a 100 pratos en dous campos a duas voltas.

Foi o tirador Daniel Domínguez Treinta o que remataba o percorrido cun total de 93 pratos escachados e acadaba deste xeito o primeiro posto da clasificación xeral. Domínguez superou amplamente aos seus contrincantes sendo Jose Manuel Da Silva Fernández o segundo clasificado con 85 pratos. Roberto Rodríguez Fernández, repetía o terceiro posto acadado na pasada edición cunha marca de 85 pratos. 

Na categoría Senior o mellor clasificado foi Francisco Javier Rivero Martínez cun total de 80 pratos. Con 78 pratos pero en segunda posición remataba José Suárez Rodríguez. O terceiro caixón do podio era ocupado por Antonio Fernández Román tamén con 78 pratos.

En Veteranos o tirador campión era Gabino Villamor Vázquez cun total de 74 pratos, en Xuveniles impoñíase Javier Suárez Da Fonte con 64 pratos e na categoría de Máster o mellor clasificado era Jose María González Rodríguez con 63 arxilas.

Por Equipos o tridente formado por Francisco Javier Rivero, Roberto Rodríguez e Antonio Fernández foi o gañador cun total de 243 puntos. Situándose por diante do equipo formado por Jesús García, Ramón Conde e Jose Suárez que con 240 pratos obtiveron a prata. O bronce foi para o equipo de Manuel Blanco, Protasio Hermida e Santiago García con tamén 240 pratos.

Este Campionato Provincial contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Proyecta Galicia e Mutuasport.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

AUTONÓMICO FIELD TARGET
15/07/2024
Os mellores tiradores de Field Target desputaron o Autonómico en As Pontes

PROBA COPA GALICIA RASTRO XABARIL
10/07/2024
Julio Ferradás con “Copi” gañadores en A Lama

SAN HUBERTO MANUEL REBORDELO
10/07/2024
Edelmiro Leira con “Nilo” gañadores nas Pontes

CAMPIONATO ESPAÑA RASTRO XABARIL
01/07/2024
Antonio Sánchez con “Chico” campións de España de Rastro de Xabaril


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza