II Proba de Asexos de Caza con Arco sobre figuras 3D
Baixo a organización do Clube Cazarco e a Federación Galega de Caza en Pontevedra, o pasado 7 de maio tivo lugar a segunda edición da Proba de Asexos de Caza con Arco sobre figuras 3D. Unha proba que colleitou e mantivo o éxito acadado no pasado ano congregando a un elevado número de arqueiros galegos.
Unha proba celebrada nas instalacións deportivas do Clube Cazarco, sito no lugar de Candán – Soutomarior (Pontevedra) e que congregou a un total de 30 arqueiros e arqueiras.
Os arqueiros, dende primeira hora, foron acometendo as diferentes propostar e percorridos impactando coas súas frechas nas diferentes figuras 3D, todo elo baixo a atención dos membros do xurado de competición composto por Javier Lesende e Miguel Caruncho, actuando como xuíces Dolores Bugarín e María Beatriz Villalba.
Rematada a competición, o Director da Proba e Delegado de Arco da FGC, Jaime Villaverde Balado, deu a coñecer a clasificación das diferentes categorías:
Arco Asistido Masculino
-Miguel Caruncho Campanario: 270 puntos
-Ángel Villaverde Balado: 241 puntos
-Pedro Martínez Ángel: 217 puntos
Arco Tradicional Masculino
-Lee Ransdale: 205 puntos
-Herminio López Naval: 160 puntos
-Jacobo Santoro Lorenzo: 128 puntos
Arco Asistido Damas
-Mª Carmen Novoa: 154 puntos
-Marina Oliveira: 121 puntos
Arco Tradicional Damas
-Luz Maria Tombilla: 51 puntos
-Eva Davila: 40 puntos
-Laura Fernández: 40 puntos
Junior
-Nerea Piñeiro: 138 puntos
-Iria Boullosa: 127 puntos
-Carlota Otero: 115 puntos
Cadetes
-Xiana Rodríguez Dean: 78 puntos
Esta proba contou coa colaboración do Concello de Soutomaior e co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport.