Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CANS DE RASTRO SOBRE LEBRE
O lote propiedade de Diego Gay resultou campión da III proba de lebre
08/05/2023

III Proba de Cans de Rastro sobre Lebre

No día de onte, domingo 8 de maio, chegaba unha cita moi agardada para os apaixoados dos cans de rastro sobre lebre, nada menos que a III edición desta proba sobre Lebre que, novamente, contou coa organización da Federación Galega de Caza na Coruña e á colaboración, esencial, dos acoutados das sociedades de caza Halcón de Mazaricos e Cinexética Carnotana.

Sociedades que puxeron os seus terreos dos Tecores “Halcón” e “O Horreo" para que os participantes e cans desfrutasen dunha gran xornada cinexético deportiva.

Foi o cazador Diego Gay Varela o que co seu lote de beagles obtiña o primeiro posto da clasificación xeral con 120 puntos. 

O segundo posto foi para José Javier Suárez Rama que tamen cun lote de beagles acadou a puntuación de 113 puntos e o situaba na segunda posición. O bronce foi para o lote propiedade de Daniel Vilas Martínez que remataba a tan so un punto do subcampión con 111 puntos.

O can de nome “Sony” propiedade de Daniel Vilas Martínez foi galardoado co premio ao Mellor Can da Proba con 130 puntos.

Esta proba contou coa colaboración do Concello de Mazaricos e co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte,  Mutuasport, Arion.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAMPIONATO XUNTA GALICIA ARCEAS
16/12/2024
O Autonómico de Caza de Arceas decidirase en Antas de Ulla

PROVINCIAL PONTEVEDRA ARCEA
16/12/2024
José Antonio Vasconcellos con “Azor” proclamouse campión provincial na Lama

PROVINCIAL LUGO CAZA ARCEAS
25/11/2024
Manuel Rodríguez coa setter “Huma do Yelsar” gañador en O Corgo

CAZA MENOR
04/11/2024
Alfonso García coa setter “Jara” proclamouse Campión Galego de Caza Menor en Portomarín


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza