XXXVI Campionato Provincial de Pontevedra de Caza San Huberto
Na xornada do pasado sábado día 22 de abril desputouse en Baiona o Campionato Provincial de Pontevedra de Caza San Huberto organizado pola Federación Galega de Caza en Pontevedra e contando coa colaboración da Sociedade de Caza “As Tres Bes”.
A proba foi dirixida por Gustavo Martínez e xuzgada polos xuíces Santiago Saavedra e José Moure, os cales destacaron o bo facer e deportividade dos participantes inscritos.
O cazador Eloy Rodríguez Martínez foi o campión co seu setter inglés macho de nome “Azor da Brisa da Ría” con 67 puntos. O segundo posto, con 60 puntos, adxudicouso Antonio Costa López coa setter de nome “Brisa”. O bronce foi para Guillermo Barreira Folgueira co macho de setter “Lingo de la Fuente” e 49 puntos.
Na categoría de Spaniel Springer o campión era Saturnino Pereira Vidal con “Coco” e 54 puntos. Eloy Rodriguez Rego remataba en segunda posición con “Lija” e 36 puntos. E xa con 28 puntos compretaba o podio Eloy Rodríguez Martínez con “Piti de Forvelaz”.
Este Campionato Provincial contou coa colaboración de Pensos Os Bichoucos e co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport.