Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
PROVINCIAL CORUÑA COMPAK
Daniel Cebreiro gañador dun intenso provincial da Coruña de Compak
03/04/2023

Campionato Provincial da Coruña de Compak Sporting

O provincial de compak da Coruña, celebrado o domingo 2 de abril, estivo organizado pola Federación Galega de Caza na Coruña e contou coa colaboración da Sociedade Deportiva Río Sar. Un emocionante campionato no cal foi preciso a realización de dous desempates para coñecer os primeiros postos da clasificación xeral.

Daniel Cebreiro García, o vixente campión provincial, foi quen de revalidar o título despois de rematar a tirada cun total de 93 pratos escachados. Unha marca que foi igualada polo tirador Antonio Iglesias Otero e que forzou á celebración dun desempate polo título. Emocionante desempate no que Cebreiro García, con 22 pratos, superaba a Iglesias Otero que escachaba 19 arxilas, rematando en segunda posición da xeral.

Pero esta fase provincial tamén deparou outro intenso desempate para coñecer o terceiro posto. Un bronce que acadaba o pontevedrés Roberto Rodríguez Fernández con 89 pratos superando, en dito desempate, a Jose Antonio Rivero Rivero. Polo tanto o terceiro posto da clasificación provincial foi para Rivero Rivero.

En Senior o mellor clasificado era Constantino Villar Rodríguez con 88 pratos. Co mesmo número de pratos pero en segunda posición remataba Alfredo Augusto García Mendoza. O bronce era para Vicente Insúa López con 87 pratos.

Na categoría de Veteranos o campión era Antonio Castro Ferreiro con 76 pratos e o xoven tirador Omar Insúa Rodríguez era o campión de Xuveniles con 82 pratos.

O sempre presente Ángel Mosquera Rodríguez rematando a tirada con 68 pratos e era o mellor clasificado da categoría Master.

Este campionato provincial contou coa colaboración da Deputación da Coruña co patrocionio da Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAMPIONATO XUNTA GALICIA ARCEAS
16/12/2024
O Autonómico de Caza de Arceas decidirase en Antas de Ulla

PROVINCIAL PONTEVEDRA ARCEA
16/12/2024
José Antonio Vasconcellos con “Azor” proclamouse campión provincial na Lama

PROVINCIAL LUGO CAZA ARCEAS
25/11/2024
Manuel Rodríguez coa setter “Huma do Yelsar” gañador en O Corgo

CAZA MENOR
04/11/2024
Alfonso García coa setter “Jara” proclamouse Campión Galego de Caza Menor en Portomarín


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza