Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
AUTONÓMICO DE CAZA DE RAPOSO
O título autonómico foi para o equipo pontevedrés “Rodeiro I”
06/02/2023

Campionato Galego de Caza de Raposo

Chegados das 4 provincias galegas, cazadores e cans, desputaron unha edición máis do Campionato Galego de Caza de Raposo. Unha proba desputada no concello pontevedrés da Lama, o pasado 4 de febreiro, baixo a organización da Federación Galega de Caza.

Un total de 14 equipos chegados de todas as provincias galegas participaron nesta proba autonómica na que as baixas temperaturas non impediron que nun día solleiro cans e cazadores desfrutaran dunha especial xornada cinexética.

A organización e dirección da proba destacou o saber estar e deportividade de todos os participantes que mantiveron un comportamento exemplar e souperon desfrutar dunha xornada máis de caza na que cans e raposos foron os protagonistas. Raposos que, unha vez extraidos os datos aportados polos equipos no control, goza de boa densidade polos montes da Lama sendo preto de 30 os exemplares avistados, un número moi superior en relación á cota de capturas.

A sorte fixo que os catro primeiros postos tivesen un representante de cada provincia, sendo o equipo pontevedrés “Rodeiro I” o equipo que obtivo o título de campión galego con 1.500 puntos. Con 500 puntos o subcampión era o equipo “BTV” da Coruña namentras que o bronce era para a cuadrilla “Doble Cero” do concello ourensá de O Irixo, tamén con 500 puntos. Ás portas do podio remataba, en cuarta posición, o equipo lucense “O Rosario” tamén con 500 puntos. 

Un xantar de irmandade e a entrega de trofeos e recoñecementos puxo o punto e final a este Campionato Galego. Un campionato clausurado polas autoridades presentes e da que destacamos a intervención do presidente da FGC, Luis Eusebio Fidalgo, quen agradeceu o saber estar dos cazadores ao tempo que reclamou a necesidade de que a sociedade en xeral coñeza o verdadeiro sentido da caza e da figura do cazador.

Este campionato contou coa colaboración de pensos Bichoucos e co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAMPIONATO XUNTA GALICIA ARCEAS
16/12/2024
O Autonómico de Caza de Arceas decidirase en Antas de Ulla

PROVINCIAL PONTEVEDRA ARCEA
16/12/2024
José Antonio Vasconcellos con “Azor” proclamouse campión provincial na Lama

PROVINCIAL LUGO CAZA ARCEAS
25/11/2024
Manuel Rodríguez coa setter “Huma do Yelsar” gañador en O Corgo

CAZA MENOR
04/11/2024
Alfonso García coa setter “Jara” proclamouse Campión Galego de Caza Menor en Portomarín


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza