Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
SECRETARIA XERAL PARA O DEPORTE
A nova Xunta Directiva da FGC destaca a importancia da actividade cinexético deportiva ante o Secretario Xeral para o Deporte
02/02/2023

No día de hoxe, 2 de febreiro, o recen elexido presidente da Federación Galega de Caza, Luis Eusebio Fidalgo, acompañado por presidentes provinciais e membros da súa Xunta Directiva mantiveron unha reunión de traballo co Secretario Xeral para o Deporte. 

José Ramón Lete, Secretario Xeral para o Deporte, recibía ás 12:00 horas aos representantes federativos os cales lle presentaban o novo equipo directivo ao tempo que destacaban a importancia da caza como deporte sendo a segunda actividade deportiva con maior número de federados. Unha Federación que desenvolve preto de 100 probas oficiais ao ano, espalladas por toda a xeografía galega, e que conta con deportistas de alto nivel, ocupando os primeiros postos en diferentes disciplinas tanto a nivel autonómico como nacional. Mostra delo foron as 24 medallas acadadas no 2022 polos deportistas da Selección Galega.

Unha vez analizadas as 14 disciplinas deportivas coas que conta a FGC, o presidente Fidalgo fixo unha mención especial a organización tamén de probas de rango superior por parte da Federación de Caza como foron os catro campionatos de España e un campionato de Europa, todo elo no pasado exercicio. Destacando a proba europea que congregou a preto de 400 tiradores chegados de diferentes paises do mundo.

Ambas entidades destacaron a necesidade de sumar forzas para potenciar o deporte galego no ámbito rural.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

RULA
05/03/2025
Europa confirma que España cumpre os requisitos para cazar a rula de forma sostible na tempada 2025/26

MANIFESTO XUNTA GALICIA
02/03/2025
Manifesto institucional da Xunta de Galicia en contra da violencia no Deporte

OBSERVATORIO CINEXÉTICO
26/02/2025
Cazador e tempo de traballar pola caza! súmate á campaña de censos do Observatorio Cinexético

FORMACIÓN
24/02/2025
Xornada de Cans de Caza


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza