Luis Eusebio é o novo presidente da Federación Galega de Caza, sustitúe no cargo ao anterior mandatario federativo, Javier Nogueira Diz. Fidalgo Álvarez presenta un amplo curriculum cinexético pero o presidente da FGC é, esencialmente, un cazador e un apaixoado da caza social e da súa defensa.
Cazador, veterinario, Máster en Xestión Medioambiental, anterior vicepresidente da FGC e da FGC provincial lucense, representante da Universidade de Santiago de Compostela na Xunta Consultiva da Reserva Nacional de Ancares, vocal da comisión de Homologación de Trofeos da Xunta de Galicia, responsable da comisión do Corzo da RFEC, membro das mesas sectoriais do “Plan de Xestión do lobo en Galicia” e director de varias tesis doctorais, tesinas e traballos de fin de grado sobre aspectos relacionados coas especies cinexéticas (lobo, raposo, xabaril e corzo)... pero nas seguintes liñas coñeceremos máis de preto ao novo presidente da FGC.
- Primeiramente, noraboa polo novo cargo de representación do colectivo cinexético galego... ¿Ilusionado?
Sí, sen dúbida. Dende fai moitos anos participei nas actividades federativas, ocupando diferentes cargos de responsabilidade na FGC e agora correspóndeme estar en primeira liña. Esta nova situación supón unha maior carga de responsabilidade e tamén de ilusión.
- Para o que non o coñece... ¿Quén é Luis Eusebio Fidalgo?
Un cazador, doutor en veterinaria, profesor da Universidade de Santiago de Compostela. Eu son amigo dos seus amigos e enemigo de naide, ao que lle apaixoa a caza social -tal é como a practicamos en Galicia-, que trata permanentemente de ser respetuoso cos que pensan diferente e que pide para sí o mesmo respeto.
- Unha vez ollado o seu curriculum cinexético, ocupando diferentes cargos de representación vinculados directamente coa caza e coa FGC ¿Como afronta este novo cargo como presidente da FGC?
Esta nova etapa afrontoa con toda a ilusión de servir á caza e aos cazadores. Para elo conto cunha xunta directiva e un equipo de persoas na Federación que coñecen moi ben o mundo da caza e a xestión federativa. Son moi consciente das grandes dificultades e dos permanentes ataques que sofre actualmente a caza e os cazadores por unha parte da sociedade que non nos coñece, que non coñece a caza e que con frecuencia nos atacan e non nos respetan nas redes sociais.
- Dende sempre tivo unha relación moi estreita cos anteriores presidentes da FGC, Gómez Cortón e Nogueira Diz, ¿Cáles foron os pilares que acadaron estes presidentes e que máis valora vostede e desexa potenciar no futuro da FGC?
O meu primeiro contacto coa FGC foi en Lugo con Francisco López Penelas e pouco despois Vaamonde nomeoume na súa xunta directiva. Posteriormente colaborei tamén con Gómez Cortón e Nogueira Diz. Durante este tempo tivemos a fortuna de poder contar con José Luis Valcárcel, loitador incansable en beneficio da caza, ao que recordo con gran respeto e cariño. Todos eles seguiron a senda da defensa da caza dende o diálogo e o respeto, tanto no aspeto lúdico, como no recreativo, como nas competicións deportivas.
- Nestes próximos catro anos de lexislatura, ¿Que feitos ou correntes presentes ou futuras poden perxudicar á caza e requerirá un esforzo maior dende a FGC?
Estamos vivindo un tempo complicado para a caza, por unha parte a nosa sociedade urbana ve o mundo rural con certa distancia e o descoñece, e por outra parte hai grupos minoritarios pero moi activos nos medios de comunicación que atacan permanentemente a caza con mentiras, debuxándoa como unha actividade cruel, desfasada e ilegal. Por este motivo, un dos obxetivos será acadar que a sociedade nos coñeza tal e como somos e lexos dos falsos estereotipos que os animalistas ofrecen de nosoutros.
Por otra banda, neste momento é moi importante defender a actividade cinexética dos múltiples ataques que recibe a través de iniciativas lexislativas que tratan de limitar e prohibir a caza.
- ¿Cal ou cales cree vostede que son os proxectos ou metas a acadar para un mellor futuro da caza na nosa comunidade?
Temos que partir de estar todos os cazadores unidos, a unión fainos fortes e os inimigos da caza, pouco a pouco, estannos arrinconando ata facernos desaparecer, por iso debemos amosarnos fortes e para elo é necesaria a unión. A partir de ahí defenderemos a caza social como aproveitamento responsable dun recurso renovable tratando de facilitar e fomentar a incorporación de xóvenes e damas tanto á caza lúdica como ás actividades deportivas de competición.
Para contestar de forma resumida á pregunta, na miña opinión o futuro da caza na nosa comunidade pasa, necesariamente, por que a sociedade en xeral nos coñeza como o que somos: persoas normais ás que nos gusta disfrutar do medio natural, da vida sana e practicamos a caza con absoluto respeto ás leis e as normas e, ademáis, por facilitar a incorporación de xóvenes e damas. Este segundo obxetivo é moi difícil de acadar se non logramos o primeiro.
- Se a presidencia é importante non é menos o equipo directivo, ¿Qué nos pode adiantar do equipo de traballo que o acompañará nesta lexislatura?
A Xunta Directiva está integrada por persoas con ampla experiencia e recoñecido prestixio. Nesta Xunta Directiva non serve decir “el valor se le supone” pois en todos os casos amosaron, sobradamente, a súa alta cualificación na xestión da caza e na representación do sector cinexético. É certo que a presencia do sector feminino é moi escasa, pero é o reflexo do propio sector; oxalá nun futuro próximo poidamos contar con moitas mulleres na Xunta Directiva e no resto do organigrama federativo.
- Un feito vital para a caza galega e a relación e traballo coa Administración Pública, ¿Qué agarda dos nosos mandatarios e políticos en materia de caza?
Neste sentido, espero e desexo profundamente que os políticos traten á caza e aos cazadores con xustiza e sin “complexos”, sen medo ao que dirán nas redes sociais os animalistas; simplemente que nos traten aplicando as normas e o sentido común. Dito isto, tamén manifesto que, salvo en contadas excepcións e con determinadas persoas, a relación da Federación coa Administración e cos políticos é correcta. En ocasións non coinciden as nosas posturas, pero normalmente todos nos esforzamos por chegar a puntos de acordo, excepto os grupos políticos que viven de opoñerse á caza e á sociedade rural. E cando a nosa actividade viuse seriamente amenazada soupemos amosar o noso rexeitamento de forma enérxica tal e como fixemos fronte ao Parlamento de Galicia en 2017, cando nos concentramos máis de 12.000 cazadores galegos e en Madrid en 2022 con máis de 600.000 cazadores de toda España.
- O número de cazadores e sociedades de caza federadas que obstenta a FGC convértena nunha das Federacións Deportivas máis importantes de Galicia, ¿É isto unha responsabilidade engadida ou unha gran ferramenta de traballo?
As duas cousas. Por unha parte, representar a un colectivo tan numeroso e importante é unha gran responsabilidade e por outra ser a Federación con maior número de federados despois do “todopoderoso fútbol” é unha ferramenta excelente. Quero, ademáis, recordar que en Galicia en todos os concellos hai unha o máis sociedades cinexéticas, cousa que non ocorre con ningún outro deporte incluído o fútbol. Para que os expertos en crear malos entendidos non poidan malinterpretar a miñas palabras quero aclarar que citei o fútbol como baremo de comparación por ser un deporte moi popular e coñecido que, ademáis, goza de todo respeto e recoñecemento por parte da FGC e dos cazadores.
- Ao ser presidente da FGC tamén leva consigo a asignación e participación nos comités interautonómicos da Real Federación Española de Caza e en Mutuasport, ¿Cómo agarda que sexa o seu papel nestas entidades nacionais tan importantes para a caza?
Espero representar ao sector cinexético galego, con todas as nosas particularidades, similitudes e diferenzas de forma adecuada e en beneficio da caza. A miña participación anterior nestos e outros foros nacionais e europeos, non en calidade de representante se non como técnico, ensinoume que xeralmente nestos foros trátase de buscar estratexias comúns e sinerxías alexándose de enfrontamentos e discordias, pero efectivamente quen non está ou quen non participa non pode agardar nada.
- E xa para rematar e como novo presidente da Federación Galega de Caza, ¿Qué mensaxe lle quere transmitir ao cazador galego?
A mensaxe que quero transmitir é que temos que estar moi unidos ou do contrario os inimigos da caza arrinconarannos ata facernos desaparecer. Pido o esfuerzo e colaboración de todos para que a sociedade nos vexa como o que somos, persoas normais que practicamos unha actividade legal. Neste sentido é moi importante ser cuidadosos coas nosas actuacións e coas imáxenes que subamos ás redes sociais, pois os inimigos da caza vixílannos e calquer detalle o empregan para ir contra a nosa afición.
Para rematar quero decir que a Xunta Directiva que presido esforzarase para representar á caza e aos cazadores con absoluta honestidade.
A todos, un abrazo e boa caza.