No día de onte, 25 de xaneiro, o presidente da Real Federación Española de Caza, Manuel Gallardo e o presidente da Federación Galega de Caza, Luis Eusebio Fidalgo participaron na reunión da Xunta Directiva da FACE - European Federation For Hunting anda Conservation.
A reunión, celebrada en Dortmund (Alemania), tiña como finalidade establecer un plan de traballo para o periodo comprendido entre o ano 2023 e 2027.
Entre outros puntos tratados no transcurso da reunión, marcouse unha folla de ruta en cuestións fundamentais que garanticen o futuro da actividade cinexética no noso pais. Puntos tan importantes como: o emprego do chumbo en municións e posibles alternativas, a xestión do lobo, a caza das migratorias, a situación actual da peste porcina africana e a gripe aviar, reversión da perda de biodiversidade, actualización da campaña www.signforhunting.com/es e a aceptación social da caza.
A importancia da participación nesta reunión non é outra que seguir defendendo os intereses dos cazadores españoles en Europa.