Campionato Provincial de Ourense de Caza de Raposo
O Tecor de Toén acolleu a fase provincial de Ourense de caza de raposo que contou coa organización da Federación Galega de Caza en Ourense e a colaboración da Sociedade de Cazadores de Toén.
Nesta edición, celebrada o 21 de xaneiro, temos que destacar o alto número de raposos avistados polos equipos participantes, sendo moi superior ao número de capturas entregadas en control. Feito este que marcou o trascorrer da proba e que proporcinou numerosos lances cinexéticos según indicaba José Castro Rivela, Director da Proba.
Foi o equipo “Lamela” o que ocupou o primeiro posto da clasificación con 500 puntos e se facía co título provincial da especialidade. O segundo posto era para a cuadrilla de nome “Doble Cero” que remataba tamén con 500 puntos.
Un xantar de irmandade e a entrega de trofeos puxo o punto e final a este campionato que contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport.