Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CURSO
Segunda edición do curso de “Persoa Cazadora con Formación” a celebrar en Lugo o vindeiro 23 de febreiro
16/01/2023

Ante a boa acollida de primeira edición, as Consellerías de Medio Ambiente, Territorio Vivienda; Medio Rural; Sanidad, en colaboración coa Federación Galega de Caza, ofertan a segunda edición do curso de persoa cazadora con formación, organizado pola Escola Galega de Saúde Pública, que se celebrará o día 23 de febreiro de 2023 nXefatura Territorial da Consellería de Sanidade en Lugo. 

O obxetivo do curso é obter a credencial como persoa cazadora con formación, mediante a acreditación dos coñecementos para realizar ocontrol in situ, sanitario e de hixiene das pezas de caza silvestres abatidas para ser destinadas ao consumo humano, así como do control de subprodutos animais non destinados ao consumo humano e de sanidade animal, na práctica cinexética de caza maior, establecidos na normativa de aplicación.

Este curso de persoa cazadora con formación cumple cos requerimentos da normativa europea, nacional e autonómica. Os cotidos do curso incluen catro módulos que se desenrolarán ao longo de sete horas, co que se pretende sensibilizar as persoas cazadoras sobre a importancia que ten a súa actuación dende o punto de vista da seguridade alimentaria, da sanidade animal e da sostebilidade ambiental dentro dun enfoque One Health.

Coa superación deste curso, a persoa cazadora formada estará habilitada para facer o primeiro exame da peza, distinguindo se esta e as vísceras teñen un aspecto normal ou pola contra presentan anormalidades que poidan xerar dúbidas da posible inocuidade da carne. Unhas boas prácticas á hora do manexo das pezas de caza maior vai a favorecer a seguridade alimentaria da carne para consumo humano.

Os requisitos para a inscripción neste curso, que comeza o prazo hoxe e remata o 16 de febreiro, son estar empadroado en Galicia e ter a licenza de caza en vigor no momento da inscripción en el curso.

A inscripción realizarase cubrindo o formulario que aparece na páxina web: https://www.sergas.gal/saude-publica/EGSP-curso-caza e a selección será por riguroso orden de inscripción. Nesta mesma páxina pódese consultar tamén, o programa do curso así como outra información de interés.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

RULA
05/03/2025
Europa confirma que España cumpre os requisitos para cazar a rula de forma sostible na tempada 2025/26

MANIFESTO XUNTA GALICIA
02/03/2025
Manifesto institucional da Xunta de Galicia en contra da violencia no Deporte

OBSERVATORIO CINEXÉTICO
26/02/2025
Cazador e tempo de traballar pola caza! súmate á campaña de censos do Observatorio Cinexético

FORMACIÓN
24/02/2025
Xornada de Cans de Caza


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza