No día de hoxe, 30 de decembro, na sede da Federación Galega de Caza reuníronse Javier Nogueira Diz, en calidade de presidente saínte, e Luis Eusebio Fidalgo como presidente entrante da Federación Galega de Caza, co obxeto de proceder ao traspaso de poderes tralo proceso electoral, actuando como testemuñas de dito traspaso os membros da Xunta Electora, Vicente Silva, Antonio López e Agustín Pérez-Batallón.
Na segunda parte do acto o presidente saínte, Nogueira Diz, informaba a Luis Eusebio Fidalgo sobre o avance de contas do exercicio 2022, arqueo de tesourería e dos asuntos federativos en trámite.
Remataba a xuntanza coa toma de posesión de Luis Eusebio Fidalgo como novo presidente da Federación Galega de Caza.
Máis info en: https://www.federaciongalegadecaza.com/eleccions2022/acta-toma-posesion-30dec22.pdf