Campionato Provincial de Lugo de Caza de Arceas
O pasado sábado 26 de novembro os arceeiros lucenses achegábanse ata o Tecor de O Corgo para desputar o seu Campionato Provincial de Caza de Arceas. Unha proba que contou coa organización da Federación Galega de Caza en Lugo en colaboración coa Sociedade de Caza de O Corgo.
Baixo unhas extraordinarias condicións climáticas comenzaba esta xornada de caza de arceas. Unha xornada que foi tremendamente fructífera, con multitude de lances e avistamentos de arceas que fixeron as delicias cinexéticas para os 22 cazadores participantes.
Foi o cazador Kiko López Salvador o que co can “Timba de Villastur” facía a súa entraba en control ás 12:08 con duas arceas, obtendo deste xeito o título de campión provincial. Con tamén 1.000 puntos pero en segunda posición remataba Juan Carlos Rodríguez González co can “Krol”. O bronce foi para José Manuel Díaz Paz con “Pancho” e 500 puntos.
Este campionato provincial contou co patrocionio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e Arion.