Campionato Provincial de Pontevedra de Caza Menor con Can
Nos montes do Tecor de A Fornelense, sito no concello pontevedrés de Fornelos de Montes, desputouse no día de onte, 22 de outubro, a edición número XXXV do Campionato Provincial de Pontevedra de Caza Menor con Can.
Organizado pola FGC de Pontevedra e o Tecor anfitrión e baixo a dirección de José Manuel Martínez, celebrouse este provincial no que o vento dificultou o traballo dos cans e a ameazante choiva perdurou ata o remate da proba.
Destacar a deportividade entre os participantes os cales sairon ao monte acompañados do seu can e xuíz para conseguir os avistamentos e abates de especies de caza menuda.
Finalizada a proba a clasificación foi a seguinte: Jose Antonio Vasconcellos Vicente proclamouse Campión co seu can “Azor”. O segundo posto era para Javier Calvo Simois coa súa cadela “Lola”. O bronce era para Julio González Souto co can “Rambo”.
Na clausura e entrega de trofeos estaba presente o presidente da Sociedade de cazadores anfitriona, Pácido Pillado Alfalla, o delegado de Xuventudes pola Caza, Diego Pallas Lage e o Presidente da FGC de Pontevedra Paco Couselo.
A proba estivo patrocinada pola Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e pensos Canican, "Os Bichoucos" de Xestión Melón.