Vaia por diante que a Federación Galega de Caza e a inmensa maioría dos cazadores estamos absolutamente en contra do maltrato e da crueldade aos cans e a calquer ser vivo. Dito isto, reiteramos o noso rexeitamento absoluto ao Anteproxecto de Lei de Protección, Dereitos e Benestar dos Animais no que se poden leer disposicións como: o artigo 26 apartado c), que a súa interpretación a pe da letra pode ter efectos moi negativos para a actividade cinexética.
Artigo 26 c) Adoptar las medidas necesarias para evitar que su tenencia o circulación ocasione molestias, peligros, amenazas o daños a las personas, otros animales o a las cosas.
Na aplicación deste apartado, alguen podería interpretar que cando os nosos cans cazan, poden ocasionar molestias e perigos para outros animais. Evidentemente, son un perigo para as pezas de caza e tamén poden selo para outros animais que non cazamos. Por exemplo, un can de pluma (caza menor) cando está buscando unha arcea ou unha perdiz o obxetivo está claro, pero si se levantan os merlos piando, ¿pode interpretarse que o noso cans está molestando a outros animais?.
Está claro que á peza de caza sí que a molesta e pon en perigo, do contrario non sería can de caza, pero ¿no caso doutros animais?. Sí, tamén, o merlo levanta o voo ante a presencia do can por “precaución” o mesmo que fai tantas veces pola presenza doutros animais ou por calquer ruxido ou alteración na contorna, sen que o feito teña máis importancia. Para calquer persoa sensata isto non tería ningunha importancia, pero visto o visto, ollo coas persoas que redactaron un anteproxecto de lei tan desastroso, con tantas incertidumes e cheo de despropósitos, que en canto o convertan en lei é moi posible que o empleen como ferramenta para actuar contra nos, os cazadores, perseguindo por lei estas cousas que en principio e para persoas sensatas están fora de toda discusión, pero para outros, coa lei na mao é moi posible que sexa causa solemne de discusións e arbitrios xudiciais. Este é tan so un exemplo das múltiples incongruencias que presenta este nefasto anteproxecto e por elo o rexeitamos rotundamente.