Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
MEMORIAL RRCC
Torres Parada adxudícase o Memorial en Río Sar
08/08/2022

Campionato de Percorridos de Caza Memorial José e Manuel Cea Seoane

No día de onte, 7 de agosto, desputouse no Campo de Tiro Río Sar, unha cita xa consolidada dentro da modalidade de Percorridos de Caza en Galicia, o Memorial José e Manuel Cea Seoane. Campionato desputado a 100 pratos en 2 líneas de tiro e e con 60 tiradores participando. Todo elo organizado pola Sociedade Deportiva Río Sar e coa colaboración da Federación Galega de Caza.

Rematada a competición, foi o tirador Jose Manuel Torres Parada o que acadaba o primeiro posto da clasificación Xeral ao escachar un total de 93 pratos. Torres Parada para acadar o posto máis alto da clasificación tivo que resolver un desempate con Manuel Blanco Puertes que remataba en segunda posición con tamén 93 pratos. O terceiro caixón do podio, con 92 pratos, foi ocupado polo tirador Antonio Iglesias Otero. Destacar este bronce de Iglesias Otero que pon a guinda a unha extraordinaria tempada de tiro, cun sexto posto acadado na pasada edición do nacional de percorridos.

En Senior impoñíase Alfredo García Mondoza con 91 pratos. A prata era para o lucense Juan Carlos Bande López e o bronce para Javier Rivero Martínez.

Na categoría de Veteranos o campión foi o tirador Antonio Castro Ferreiro con 74 pratos escachados, revalidando o título do ano pasado nesta categoría. Eliseo Faraldo Fernández e Luis Saavedra acadaban o segundo e terceiro posto con 68 e 66 pratos, respectivamente.

Na categoría Máster o gañador era Ángel Mosquera Rodríguez con 70 pratos.

Rematada a competición e durante a entrega de premios, a Sociedade Deportiva Río Sar quixo facer unha mención ás casas e entidades patrocinadoras así como un agradecemento especial aos árbitros da competición.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAZA MENOR
04/11/2024
Alfonso García coa setter “Jara” proclamouse Campión Galego de Caza Menor en Portomarín

CAMPIONATO XUNTA GALICIA CAZA MENOR
30/10/2024
Clasificados para o Autonómico de Caza Menor con Can

CAMPIONATO XUNTA GALICIA CETRARÍA
29/10/2024
Os mellores cetreiros na Terra Chá

PROVINCIAL PONTEVEDRA CAZA MENOR
29/10/2024
Ramón Carballido con “Mouro” gañador do provincial pontevedrés de caza menor


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza