Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
SAN HUBERTO IRMANDIÑO VIMIANZO
Roberto Dopico gañador do I Concurso Irmandiño de San Huberto de Vimianzo
28/07/2022

O pasado 23 de xullo, organizado por David Romero Albores coa inestimable colaboración da Federación Galega de Caza, o Concello de Vimianzo, o Tecor San Mamed de Dumbria e piensos Arion, daba comenzo ás 7:30 da maña a concentración no Bar-Supermercado Truanés en Dumbría. Lugar onde íanse achegando participantes, xuíces e organizadores para dar comenzo a este campionato que marcaría a clasificación final da Copa Galicia da modalidade, onde se decidiría o campión e os clasificados para o campionato Galego que se celebrará o vindeiro sábado 30 de xullo.

Ás 9:00 horas empezan a desenrolarse os distintos “turnos” cunha temperatura fresca a primeira hora que iría aumentando ao longa da maña e media tarde. Un bo vento acompañou durante toda a competición que mitigaba a calor e axudaba aos cans na súa labor.  A proba contou con 26 participantes (23 homes e 3 mulleres), repartíndose en tres campos de competición que xa albergaran en datas anteriores o Campionato Provincial da Coruña de San Huberto. Despois dos distintos “turnos” da competición, sobre as 14:30 horas,  disputabase o “Barrage”  composto polos dous primeiros clasificados de cada campo.

Alo polas 16:30 horas e, unha vez rematado o Barrage, os participantes, xuíces, sembradores e acompañantes dirixíronse á Parrillada Montevideo en Vimianzo a degustar uns pinchos ben merecidos. Durante o xantar procedeuse a dar a clasificación provisional que a postre sería a definitiva quedando como campión da proba Roberto Dopico Dopico co setter inglés macho “Bruxo de Vilar de Donas” acadando 80 puntos. En segunda posición remataba José Maria Carnota Rios ca femia de setter inglés “Berta de Vilar de Donas” con 62 puntos, completando o podium terminaba Jorge Fernandez Dobarganes co macho de pointer “Bico da Brisa” con 57 puntos, en cuarta posición colocábase o cazador Edelmiro Leira Perez co bretón “Nilo” con 55 puntos, esta posición facía que Edelmiro proclamárase provisionalmente Campión de Copa Galicia de San Huberto dándolle acceso directo a un posto na Selección Galega que competira no vindeiro Campionato de España. A quinta posición sería para Juan José Canosa Vigo co pointer macho “Nike da Chousa” con 54 puntos e o sexto clasificado era Antonio Costa López coa femia de setter “Brisa” con 48 puntos.

Na clausura da competición e antes da entrega dos diferentes trofeos, tomou a palabra David Romero Albores o cal deu un rapport do “Barrage” ao igual que comentou outras circunstancias que aconteceron na competición.  Nas súas verbas quixo agradecer a tódolos presentes a súa participación e colaboración, facendo fincapé no concello de Vimianzo e a súa alcaldesa que colaborou dunha maneira especial coa proba, tamén agradeceu a Roland Caamaño Domínguez presidente do Tecor San Mamed de Dumbria a súa desinteresada colaboración deixando os terreos para o desenrolo da proba, así como a piensos Arion.

A proba estivo patrocinada polo Concello de Vimianzo que aportou seis trofeos típicos do Castelo de Vimianzo e a Federación Provincial da Coruña que aportou un trofeo para o primeiro clasificado, piensos Arion entregou seis sacos de pienso aos primeiros clasificados.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAMPIONATO XUNTA GALICIA ARCEAS
16/12/2024
O Autonómico de Caza de Arceas decidirase en Antas de Ulla

PROVINCIAL PONTEVEDRA ARCEA
16/12/2024
José Antonio Vasconcellos con “Azor” proclamouse campión provincial na Lama

PROVINCIAL LUGO CAZA ARCEAS
25/11/2024
Manuel Rodríguez coa setter “Huma do Yelsar” gañador en O Corgo

CAZA MENOR
04/11/2024
Alfonso García coa setter “Jara” proclamouse Campión Galego de Caza Menor en Portomarín


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza