O pasado 3 de xuño, a Federación Galega de Caza tiña a ben facer entrega das distincións de mutualistas de honra, con motivo do 50 aniversario de Mutuasport, suspendido o ano pasado por motivo da situación sanitaria.
Nun marco incomparable, como foi a inauguración do Campionato Nacional de Compak Sporting celebrado en Rio Sar (A Coruña), tivo lugar este acto, moi emotivo, e no que se destacou o papel crucial que tiveron dous galegos na traxectoria de Mutuasport.
A Mutua dos Cazadores “Mutuasport”, naceu ala polo ano 1.971, co propósito de que os cazadores tivesen a súa propia mutualidade deportiva, dirixida por e para cazadores. Pois naide mellor que os cazadores, coñecen os riscos da nosa actividade e como protexernos ante eles. Neste sentido, as federacións autonómicas foron a pedra angular da Mutua dende os seus comenzos, artellándose unha rede intermediaria que actúa como unión entre os cazadores e Mutuasport.
Así, a Mutua, con motivo do seu 50º aniversario, por proposta da Federación Galega de Caza, fixo entrega dunha placa conmemorativa aos mutualistas de honra Manolo Andrade e Arturo Pichel, a través da cal quíxose recoñecer precisamente o traballo das Federacións Autonómicas. Nesta ocasión aos presidentes constituintes da Federación Galega de Caza, xa que eles foron quenes puxeron a primeira pedra para que hoxe a Federación Galega de Caza sexa unha institución deportiva sólida e respetada.
Foi Javier Nogueira, como representante de Mutuasport, o que con gran emoción fixo entrega das citadas placas de Mutuasport ao tempo que agradeceu enormemente a implicación e traballo realizado por Andrade e Pichel.
Un recoñecemento máis que merecido! Gracias Andrade! Gracias Pichel!