XXIII Campionato Provincial de Lugo de Cans de Rastro Atraelados modalidade Xabaril
Dentro do programa de competicións cinexético deportivas da XXV Festa da Caza de Lugo celebrouse, o pasado domingo 29 de maio, o Campionato Provincial de Lugo de Cans de Rastro Atraelados modalidade Xabaril na que destacamos alta participación cun total de 43 cans e monteiros.
Unha proba organizada pola Federación Galega de Caza en Lugo e que contou coa colaboración da Sociedade de Cazadores San Nicolás, sendo puntuable para a Copa Galicia da especialidade e tamén clasificatoria para o autonómico da modalidade que se desputará o vindeiro 18 de xuño tamén por terras lucenses.
O monteiro Luis Otero Alonso foi o que maior puntuación obtivo na fase final acadando un total de 264 puntos co can “Turco” e sendo deste xeito o campión da proba e tamén campión provincial. O pontevedrés Álvaro Fontenla Filgueira co can “Lito” era o segundo clasificado con 258 puntos. Compretou o podio Francisco Rodeiro Eiras con “Zeus” e 224 puntos.
Antes da entrega de premios os xuíces presentes destacaron o alto nivel e calidade dos cans presentados así como a deportividade de todos os monteiros.
Este Campionato contou coa colaboración de Solognac e o patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Arion e Mutuasport.