No día de hoxe, 20 de maio, tiña lugar a asemblea xeral e extraordinaria da Federación Galega de Caza. Unha asemblea que, ao ser ano electoral, foi a última presidida por Javier Nogueira Diz que remata neste 2022 o seu derradeiro ano da terceira lexislatura.
A lectura da Acta anterior, Contas Anuais e a Memoria de Actividades do exercicio 2021 foron os primeiros puntos da orde do día que foron aprobados con plena unanimidade. Destacando a solvencia económica, transparente e rigurosa que presentou a FGC no pasado exercicio.
Os informes varios de presidencia e os rogos e preguntas puxeron o remate da asemblea xeral. Un punto e seguido a esta asemblea xeral ordinaria tivo lugar a celebración da asemblea xeral extraordinaria.
Unha convocatoria extraordinaria na que tódolos puntos da orde do día fixeron referencia a celebración do proceso electoral da FGC. Convocatoria de eleccións a asemblea xeral, presidencia e comisión delegada así como a aprobación e estudo do regulamento e calendario electoral.
Rematada a xuntanza federativa foi emotiva a despedida de Javier Nogueira da asemblea xeral que respostou cun eterno e mutuo agradecemento.