Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
PROVINCIAL LUGO COMPAK SPORTING
Marcos Váquez revalida o título de campión provincial
15/05/2022

XXI Campionato Provincial de Lugo de Compak Sporting

No campo de tiro eventual sito no monte do Cristo da localidade lucense de Portomarín tiña lugar o pasado 14 de maio, a edición número XXI do Campionato Provincial de Lugo de Compak Sporting.

Un campionato celebrado dentro do programa de probas da Festa da Caza de Lugo e que contou coa organización da Federación Galega de Caza de Lugo e a colaboración da Sociedade de Cazadores San Nicolás.

 

Un total de 25 tiradores desputaban este campionato provincial a 50 pratos divididos en duas canchas de tiro e nas que o lucense Marcos Vázquez Cabado proclamábase campión da proba e, un ano máis, campión provincial cun total de 49 pratos.  

O segundo posto da Xeral foi para José Luis Otero del Río que tamén era o segundo clasificado da provincia cun total de 46 pratos. Tamén con 46 pratos remataba, en terceira, o pontevedrés Daniel Domínguez Treinta. O cuarto clasificado da xeral e bronce da provincia foi Lino Castro Leiras con tamén 46 pratos. O segunto, terceiro e cuarto posto da xeral foron decididos despois da desputa dun intenso desempate.

Na categoría Senior o primeiro posto era para Constantino Vilar Rodríguez con 43 pratos. O segundo e terceiro posto eran para Vicente Insua López e Carlos Misa Alonso, con 42 e 41 pratos respectivamente.  

Luis Salmerón Madera era o Máster mellor clasificado cun total de 40 pratos escachados e o máster provincial con maior acerto foi Jose María González Rodríguez con 39 pratos. José González Yáñez era o Veterano que acadaba o primeiro posto con 42 pratos.

Este Campionato contou co patrocinio da: Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport e coa colaboración de Solognac.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAMPIONATO XUNTA GALICIA ARCEAS
16/12/2024
O Autonómico de Caza de Arceas decidirase en Antas de Ulla

PROVINCIAL PONTEVEDRA ARCEA
16/12/2024
José Antonio Vasconcellos con “Azor” proclamouse campión provincial na Lama

PROVINCIAL LUGO CAZA ARCEAS
25/11/2024
Manuel Rodríguez coa setter “Huma do Yelsar” gañador en O Corgo

CAZA MENOR
04/11/2024
Alfonso García coa setter “Jara” proclamouse Campión Galego de Caza Menor en Portomarín


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza