XIX Campionato Provincial de Pontevedra de Cans de Rastro Atraelados sobre Xabaril
A Federación Galega de Caza de Pontevedra contou coa Sociedade de Caza A Tomiñesa, un aliado e colaborar excepcional do ente federativo, para a celebración da edición XIX da fase provincial de Pontevedra de Cans de Rastro Atraelados modalidade Xabaril.
Esta edición foi celebrada o pasado 30 de abril no concello de Tomiño. Todo un éxito de participación e organización, contando con preto de 40 cans inscritos. Deportividade e calidade das actuacións de cans e monteiros foi o máis destacada dun fermosa xornada de caza e gastronomía.
Foi o monteiro lucense Michael Otero co seu grifón de nome “Chacho” o campión da proba cun total de 246 puntos. Con 242 puntos o subcampionato era para Francisco Rodeiro con “Zeus”. O terceiro clasificado e campión provincial foi Salvador Sestelo con “Beba”. Álvaro Fontela con “Lito” e Antonio Sánchez con “Chico” foron os segundos e terceiros clasificados da provincia.
Este campionato provincial contou coa colaboración de Solognac e o patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport.