Copa España de Cans de Rastro modalidade Coello
Baixo a organización do Clube “Amigos dos Cans de Caza” desputouse, o pasado 24 de abril, a Copa de España de Cans de Rastro modalidade Coello. Unha proba Puntuable para a Copa Galicia da especialidade e na que colaboraron a Federación Galega de Caza da Coruña e a Sociedade de Caza “Urogallo” de Ferrol.
Dende a organización queren facer un agradecemento moi especial á Sociedade de Caza “Urogallo” por todas as comodidades e facilidades prestadas para celebrar este tipo de probas.
Boas prestacións e boa participación foi o resultado satisfatorio desta edición na que o cazador Ramón Barreiro co lote de leonados “Paris, Niza, Sola e Rol” obtivo o título de campión cun total de 495 puntos. Juan Formoso Raposo co seu lote de beagles composto por “Nit, Toxo, Toro e Llan” foi o segundo mellor clasificado con 470 puntos. Con 468 puntos o lote propiedade de Roberto Pesado obtivo o terceiro posto cos cans de nome “Nano, Bicha, Trosky e Pinto”.
Do lote campión de Ramón Barreiro o xurado da competición otorgou o premio ao mellor can da proba ao can “Rol” con 135 puntos.
A entrega de premios puxo o punto e final a esta edición organizada polo Clube de Amigos dos Cans de Caza.