A Federación Galega de Caza celebrou, o pasado 20 de febreiro, un curso de formación para novos xuíces e árbitros das disciplinas de percorridos de caza con arco, caza con arco o voo e, como novidade, asexos de caza 3D.
A parte teórica do curso desenrolouse entre as 10:00 e 14:00 horas, no Centro Cultural de Soutomaior e ao cal asistiron un total de 12 aspirantes e 8 xuíces. Estes xuíces recibiron coñecementos de reciclaxe e actualización da normativa de competición e información da nova modalidade de asexo de caza 3D.
O curso foi impartido polo xuíz nacional Jaime Villaverde, o cal estivo acompañado por Miguel Caruncho, e foron eles os responsables de impartir as diferentes normativas de competición das modalidades de caza con arco.
Na segunda parte da xornada, a parte práctica, fixéronse montaxes de propostas, sistema de puntuación e enxuizamento das diferentes fases dun simulacro de competición.
Agradecemento especial ao concello de Soutomarior pola cesión do Centro Cultural para o desenrolo deste curso e a implicación do Clube Cazarco para acadar o éxito da xornada.