Campionato Provincial de Lugo de Caza de Arceas
O pasado sábado 27 de novembro os arceeiros lucenses achegábanse ata o Tecor de O Moucho, no concello de Pol, para desputar o seu Campionato Provincial de Caza de Arceas. Unha proba que contou coa organización da Federación Galega de Caza en Lugo en colaboración coa Sociedade de Caza “O Moucho”.
Nunha xornada con choivas intermitentes e plenamente invernal arrincaba a probra na que temos que destacar a boa abundancia de arceas avistadas. Poucos foron os cazadores participantes que voltaron ao control sen avistar algunha migratoria.
Foi o cazador Diego Martínez Guitián co can “Aby do Cereixal” o que facía a súa entraba en control o pouco de abrirse o mesmo é co cupo de arceas completado, obtendo deste xeito o título de campión provincial. Con 1.000 puntos o segundo clasificado foi Francisco Diéguez Sobrado coa cadela “Dali” que repetía a mesma posición que na edición anterior. O bronce foi para Andrés Montenegro Teijido con “Bobi” e 500 puntos.
Este campionato provincial contou co patrocionio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e Arion.