No día de hoxe, 11 de agosto, Javier Nogueira, presidente da Federación Galega de Caza, acompañado de representantes de diferentes Sociedades de Caza de Galicia, mantiveron unha reunión de traballo con responsables da Consellería de Medio Ambiente.
O motivo da xuntanza non era outro que a preocupación existente en moitas Sociedades de Caza de Galicia en relación a aprobación dos Plans de Ordenación e dos Plans de Aproveitamento Anual ante o inminente inicio da tempada de caza 2021/2022, en especial a caza do xabaril que dará comenzo o vindeiro 21 de agosto. É por iso que dende a FGC e a Administración xa se deron importantes pasos para dar solución ao problema e que permita a práctica da normalidade cinexética ante unhas vindeiras semanas cruciais para a xestión dos danos do xabaril.
A mellora de outros trámites e xestións cinexéticas por parte das Sociedades de Caza coa Administración tamén foron abordadas en dita xuntanza na que, dende a FGC, agárdase que se teñan en conta e se axilicen na medida do posible. Nogueira agradece a boa disposición da Administración para dar solución a esta problemática que tanto preocupa a cazadores e Sociedades de Caza.