XXXIII Campionato Galego de Caza San Huberto desputado no Tecor Terra Chá
No día de hoxe, 31 de xullo, tiña lugar na comarca lucense da Terra Chá, a final do Campionato Galego de Caza San Huberto no que René Vale en Homes, Nicolasa González en Donas e Juan José Canosa en Levantadores resultaban campións do Autonómico.
Baixo a organización da Federación Galega de Caza e contando ca esencial colaboración do Tecor Societario da Terra Chá desputábase esta fase final na que destacamos a deportividade e a dureza dos terreos onde se desputaron as fases finais deste Campionato Galego.
Na categoría Masculina os diferentes cazadores clasificados nos seus respectivos campionatos provinciais dividíanse en 3 campos dos cales, os dous mellores pasaban o barrage final. Un intenso barrage no cal o cazador René Vale García co setter inglés “Suayper de Piago” obtiña a mellor puntuación, 82 puntos, e acadaba o título de campión autonómico da especialidade. Jaime Aneiros Ardao co macho de pointer “Baco das Fontiñas” era o subcampión con 76 puntos, namentres que Corsino Valero Villar coa femia de pointer de nome “Kira” obtiña o bronce con 69 puntos.
Na categoría de Levantadores o primeiro posto e revalidando o título de Campión Galego era para Juan José Canosa Vigo co springer spaniel “Tyson” e 65 puntos. Eloy Rodríguez Martínez con “Piti de Forvelaz” era o que acabada o sucampionato con 53 puntos namentres que compretaba o podio Eloy Rodríguez Rego con “Tras” e 52 puntos.
A cazadora Nicolasa González Carredoguas coa pointer femia “Conga” era, con 66 puntos, a flamante campiona na categoria de Donas. A prata era para Nuria María Varela Painceiras co macho de pointer “Perseo da Xeara” e 60 puntos. Ana Isabel Arbiol Ledesma acompañada pola pointer femia “Tila de Vilar de Donas” acadaba o terceiro posto da clasificación.
A entrega de premios puxo o punto e final a esta edición número XXXIII do Autonómico de San Huberto no que tamén se entregou a placa de Campión da Copa Galicia da especialidade a Antonio Costa e se fixo unha mención especial pola súa traxectoria ao xuíz Manuel Rebordelo.
Este Campionato Galego contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport, Arion, Proyecta Galicia e Perdices Brandariz.