Proba de Caza San Huberto concellos de Tordoia e Trazo
Baixo a organización da Sociedade de Caza de Tordoia e coa colaboración da Federación Galega de Caza en A Coruña, o pasado 25 de xullo, desputouse unha Proba de Caza San Huberto puntuable para a Copa Galicia da especialidade.
Cunha destacada participación e deportividade desputouse esta proba da disciplina cinexético-deportiva de Caza San Huberto. Unha proba na que o cazador Roberto González Arias co macho de bretón de nome “Ciclón de Alcoporto” adxudicábase o primeiro posto da xeral con 63 puntos.
O equipo composto pola femia de setter inglés “Berta de Vilar de Donas” e José María Carnota Ríos optiñan a prata con 61 puntos. Nesta ocasión o bronce era para Edelmiro Leira co tamén macho de bretón de nome “Nilo” e 56 puntos.