Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
RASTRO COELLO CASTROMAIO-A GRACIA
O lote de Teresa Nieto foi o gañador en Castromaior
21/06/2021

Campionato de Cans de Rastro modalidade Coello

No día de onte, 20 de xuño, o Clube Amigos dos Cans de Caza tiña a ben celebrar a segunda proba deste ano 2021 de Cans de Rastro na modalidade Coello, xa que a primeira tivo lugar o pasado mes na comarca do Barbanza. Coa colaboración da Federación Galega de Caza en A Coruña e a Sociedade de Caza de Castromaior-A Gracia desputábase esta proba na que temos que destacar a calidade das prestacións vividas, así como o numeroso público que se achegou a desfrutar da xornada de cans e rastros sobre coello.

Foi o lote propiedade de Teresa Nieto Jallas composto por “Nani”, “Lina”, “Diana” e “Yaco” o que acadou un total de 560 puntos e obtivo o primeiro posto da clasificación xeral. Carlos Casas Cambón co lote “Lord”, “Nenet”, “Nicos” e “Milord” obtiña o subcampionato con 555 puntos. Con 530 puntos e en terceira posición remataba Jaime López Castro con “Xesta”, “Mia”, “Pipa” e “Pulga”.

 A campiona Teresa Nieto tamén obtiña o premio ao Mellor Can da proba con “Yaco” e un total de 145 puntos.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAMPIONATO XUNTA GALICIA CAZA MENOR
30/10/2024
Clasificados para o Autonómico de Caza Menor con Can

CAMPIONATO XUNTA GALICIA CETRARÍA
29/10/2024
Os mellores cetreiros na Terra Chá

PROVINCIAL PONTEVEDRA CAZA MENOR
29/10/2024
Ramón Carballido con “Mouro” gañador do provincial pontevedrés de caza menor

PROVINCIAL OURENSE CAZA MENOR
28/10/2024
Jose Luis García con “Xesta” gañador do provincial de Ourense desputado en Xinzo


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza